España acada a decimoterceira e a sexta posición por equipos

45

O equipo de recurvo feminino español (Gema Buitrón, Helena Fernández e Magali Foulón), perdeu onte na rolda de oitavos de final na competición de recurvo por equipos feminino ante o conxunto de Gran Bretaña por un claro 214 a 192, quedando na 13ª posición final.


Algo mellor foron as cousas na competición de recurvo mixto, pois Daniel Morillo e Gema Buitrón venceron na primeira rolda a selección polaca da gran Justyna Mospinek e Jacek Proc por 144-134. Xa na rolda de oitavos perderon por 139-136 ante o potente equipo ucraniano conformado polos sensacionais Yuriy Havelko e Victoriya Koval, concluindo na sexta posición.
Italia foi a gran triunfadora deste Grand Prix Europeo de Turquía tras gañar o ouro en seis das dez competicións, en individuais, en composto, ouro pra Sergio Pagni e Laura Longo, en recurvo, ouro para Marco Galiazzo e a sorprendente británica Allison Williamson que gañou na categroía feminina.
Nas competicións por equipos ouro en recurvo masculino pra Gran Bretaña, no feminino pra Rusia, en ambos compostos venceu Italia, namentres que na competición de recurvo mixto gañou Alemaña e en composto mixto, como non, Italia.
Nova cortesía Xosé Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios