II XUNTANZA DOS ANTIGOS VECIÑOS DE SAN SALVADOR DE ILLADE

75

Os membros da asociación de antigos veciños de SAN SALVADOR DE ILLADE decidiron organizar unha nova xuntanza dos habitantes que foron deste val situado ó oeste da vila de As Pontes, que desapareceu nos anos oitenta do século pasado por mor da explotación da mina e hoxe gran parte del está no lago que está a xurdir nesa zona.
A organización do evento ten previsto celebrar esta xornada de convivencia e confraternidade o sábado, 2 de xullo, nun espazo público situado na propia vila de As Pontes, para o que xa solicitaron o oportuno permiso a Endesa.
illade_01.jpg


Esta asociación foi a primeira en organizar xornadas de confraternidade entre veciños de lugares ou parroquias desaparecidas, así como das existentes na actualidade. A primeira que celebraron foi no ano 1999 na área recreativa do Caneiro o 26 de xuño e nela participaron preto de trescentas persoas, a maioría procedentes desta bisbarra, hoxe espallados polo concello e outros residentes fóra. Naquela ocasión houbo lembranzas para os vellos tempos vividos en boa harmonía de veciñanza en días de labores no campo (segas, mallas, colleitas de patacas, sementes, etc.), que algúns compaxinaban co emprego na antiga Calvo Sotelo, así como as fogueiras de San Xoán e os días de festa na honra de San Salvador ó pé da vella e desaparecida capela de Illade. Tamén se fixo un especial recordo ós veciños desaparecidos.
Nesta ocasión tamén se quere rememorar aquela época da historia daquel bonito val, que de seguro moitos lembrarán con nostalxia e moita emoción polos vellos tempos pasados, nos que houbo de todo, ledicias e tristuras, malos e bos tempos, pero que ó fin e ó cabo significaron o futuro das xeracións de hoxe.
Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta xornada de convivencia e ó mesmo tempo de festa e recordo do pasado deste val poden contactar cos membros da organización nos teléfonos 654.164.303, 662.393.596, 616.421.646, 667.628.971 e 606.933.800.
illade_01.jpg
illade_01.jpg
illade_01.jpg
illade_01.jpg
illade_01.jpg
illade_01.jpg
illade_01.jpg
illade_01.jpg
illade_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios