BORJA PRIETO CONSIGUE UN MERITORIO BRONCE NO K4 DA COPA DE ESPAÑA

42

Sensacional o rendemento esta mañá de Borja Prieto e os seus compañeiros do K4 no Piraguamadrid. A pesar de non poder contar co campión olímpico Saúl Craviotto e co ex campión mundial Jaime Acuña, o Piraguamadrid afrontou a competición desta mañá do domingo cos habituais Borja e David Portela ademáis das inclusións de Omar Calzón e Abraham Vega.
control-selectivo-4.jpg


Vintedúas embarcacións tomaron parte nas semifinais, e na primeira impúxose o Club Feve Oviedo con 3:14:03, na segunda o Kayak Tudense cun tempo de 3:13:20 e na terceira gañou o Piraguamadrid con 3:16:77, acompañándoos á final Aranjuez con 3:18:92 e Cullera con 3:21:43.
Xa na final disputada ás 11:50, impúxose o Kayak Tudense cun tempazo de 3:00:26, formado polo compañeiro de Borja, Diego Piña, Roberto Rodríguez, Víctor Javier Rodríguez e Rubén Millán, medalla de plata pata o Club Talavera con 3:05:65, equipo formado polo portento Francisco Cubelos, o seu irmán Héctor, Enrtique Peces e Álvaro Burcio. Terceiro posto e medalla de bronce para o Piraguamadrid con 3:05:97.
Sensacional bronce pra un equipo formado a última hora e que de saír ben nos primeiros 200 metros probablemente sería segundo. Boa mostra da calidade do metal está en que o cuarto posto foi para o Feve Oviedo con 3:06:23 formación que tiña nas súas filas nin máis nin menos que a tres campións do mundo, Walter Bouzán, Álvaro Fernández Fiuza, Fran Llera, ademáis do seu irmán Alberto.
Xa máis descolgados chegaron o Covandonga de Javier Hernanz, o Sanabria dos irmáns Del Teso, Aranjuez, o Salamanca do campión mundial de relevo Pablo Andrés e o Cullera.
Na proba do K2 impuxeronse os campións mundiais en Darmouth 2009, Diego Cosgaya e Emilio Merchán do Club Palentino, 3:19:40, seguidos do Kayak Tudense, Víctor Javier Rodríguez e Diego Piña, 3:20:51 e o Feve Oviedo dos dobles campións mundiais de Maratón 2009 e 2010, Walter Bouzán e Álvaro Fernández Fiuza, 3:21:16. O Talavera dos irmáns Cubelos, cuarto, quinto Aldán, con Germade e Abal, novenos os compañeiros de Borja, Portela e Calzón.
Nas vindeiras semanas disputaranse as probas da Copa do Mundo.
Nova cortesía de Xosé Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios