O CD AS PONTES ALEVÍN, CAMPIÓN DO TORNEO DE CARIÑO

33

Sensacional o equipo alevín campión de Liga, adestrado por Rebolo e Cal, que este domingo á tarde conquistou o Torneo de Cariño tras derrotar ó todopoderoso Racing de Ferrol na final por 2 a 0.
alevin_001.jpg


O torneo dos pequenos ponteses foi extraordinario pois na primeira fase, no grupo da morte, deixaron no camiño a grandes e gloriosos equipos coruñeses como o Imperátor (9-0), Victoria (4-0), pra rematar a primeira rolda vencendo por un axustado 4-3 ó Racing de Ferrol.
Nas semifinais xogadas á mañá non tiveron compaixón do equipo local do CAriño ó que derrotaron por 9-1.
Xa na final, o marcador é moi enganoso e estivo moito máis igualada do que parece. O cadro ferrolán presentou no torneo cariñés alguns xogadores moi noviños e con maneiras bastante interesantes.
Comezou adiandandose o As Pontes por medio de Jandro, que estivo espléndido, e nas postrimerías da primeira metade marcou Adrián o 2 a 0.
No segundo tempo Josiño mandou ó poste o que podía ser o 3-0 e a sentencia, pero nos últimos minutos sufriuse moito, e Lino estivo inmenso parando incluso un penalti.
En definitiva, brillante triunfo do As Pontes Alevín nun prestixioso torneo de moitos kilates. A semana que vén encaran os dezaseisavos de final do Campionato Galego xogando o partido de ida en casa contra o Montañeros da Coruña. Pra este campionato galego so se clasifcaron os 32 mellores equipos da categoría de toda Galicia, Celta e Deportivo incluidos.
Xogaron o torneo 1 Lino, 2 Pedro, 3 Martín, 4 Alex, 5 Esteban, 6 Jandro, 7 Adrián, 8 Andrés, 9 Josiño, 10 Jorge, 11 Antón e 12 Bruno. O triunfo tivo aínda máis mérito pois na final faltaba o polivalente capitán Jorge Saavedra.
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
Nova cortesía de Xosé Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios