O CD AS PONTES FEMININO SUBCAMPIÓN DO TORNEO DE CARIÑO

29

Moi ben estiveron as cativas de Salido e Pita no Torneo de Cariño disputado esta Semana Santa. Na primeira fase xogada o xoves venceron ó Ortigueira por 6 a 1 e ó cadro local do Cariño por 4-0.
Máis se lles complicou o choque de semifinais no que venceron nos penaltis ó Meirás tras acabar o tempo reglamentario con empate a 1-1.
Na final de esta tarde enfrontabanse ó gran equipo do Victoria, o terceiro clasificado da Primeira Autonómica Feminina, por diante incluso dos posibles rivais do As Pontes na fase final da Copa Galega, Bértola (4º), Choco (10º). O único representante comarcal nesta categoría, O Val, vai sexto.
femenino_001.jpg


As coruñesas non escatimaron esforzos por levarse o trofeo á casa, e nada máis comezar o encontro a dianteira titular da selección galega sub16 Fátima Fernández Deus fai un regate e marca con un gran disparo. Non se veu abaixo o As Pontes e pouco despois empataba a talentosa Carlota tras unha gran xogada do cadro azul. Antes do descanso chegaba o 1-2 tamén un gran gol nun forte disparo.
No segundo tempo as visitantes querían sentenciar o encontro pero as azuis estiveron moi ben posicionadas, Lara e Carliña no medio, Silvia e Jani en defensa e salvadoras intervencións de Leti, un tiro ó poste e outro ó longueiro tamén axudaron. Xa chegando ó final, tras regalar un corner pensando que era saque de porta, espléndido cabezazo da defensa coruñesa que poñía o definitivo 3-1 no marcador.
Pero moi ben o cadro de Salido e Pita que combinou veteranía con xuventude, especialmente Carmela e Raquel García. Xogaron polas azuis 1 Leti, 2 Patri Rochela, 3 Carmela, 4 Jani, 5 Silvia, 6 Lara, 7 Lía, 8 Alba, 9 Chipy, 10 Carlota, 11 Carliña, 12 Raquel García e 13 Alba. Na final botouse algo en falta o talento de Alba que non puido estar.
O As Pontes feminino ten un choque crucial este fin de semana no que recibe ó Monte Forte e necesita alomenos un punto para superar unha rolda de balde. Si perden xogarán en dezaseisavos contra o Choco de Redondela, si empatan ou gañan xogarán directamente en oitavos de final contra o Bértola. Necesitan todo o apoio do público.
Resaltar que o equipo feminino gañou en 2009 e 2010 este trofeo tras vencer ó equipo anfitrión.
Torneo de Cariño 2011.
1ª Fase. As Pontes 6 Ortigueira 1 (Alba 2, Carliña, Patri Rochela, Lía e Silvia)
1ª Fase. As Pontes 4 Cariño 0 (Alba 2 , Jani e Carliña)
Semifinal. As Pontes 1 (4) Meirás 1 (3). (Jani. Carlota, Carliña, Alba, Leti)
Final. As Pontes 1 Victoria A Coruña 3. (Carlota)
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
Nova cortesía de Xosé Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios