MUXAREGA NO FESTIVAL CÉLTICO DO BELTANE EN AVEIRO

285

O grupo folk pontés Muxarega visitará este fin de semana a localidade de Águeda, no distrito portugués de Aveiro, para participar no I Festival Céltico do Beltane organizado pola cámara municipal de dita localidade, no que se representa a festa na que os celtas se despedian da longa noite do inverno e saudaban a chegada do verán, no paso de Abril para Maio.
A actuación de Muxarega estará acompañada pola de outros dous grupos galegos, Mesturaxes de A Coruña e Os Jalos d’Antioquía de Xinzo de Limia, e pola dos grupos lusos Sons de Suevia de Braga, Roncos e Curiscos de Coimbra, e o gaiteiro solista portugués Antònio João Gomes.
Logo_Muxarega.jpg


O Beltane ou Beltaine é a festa célta da fertilidade que se facía en todo o territorio galaico-portugués ata fai cerca de 1500 anos atrás, con lume, flores, música, danzas, moita comida, bebida e rituais de sortilexio sobre os campos e sobre as comunidades, vai ter unha reconstrucción en Águeda. Coa evocación da fertilidade nas terras e na muller, o Beltane era dirixido ó deus Belenos, no que respecta ás forzas vitais da natureza, pero esencialmente era feito apelando á enerxía humana e á máis intensa das convivencias entre veciños. E é esta a celebración que se pretende recuperar, nos dias 30 de Abril e 1 de Maio, enchendo o Parque e Auditório do Moinho de Vento comn moitas centenas de amantes da música e da cultura celta.
Ó finalizar os concertos está garantido un roncar permanente de gaitas debaixo da arboreda do parque do Moinho de Vento, mesturado con todo o xénero de acompañamentos e puxando polo cancioneiro popular galaico-portugués. Todo sentido, todo emocionado, gastando enerxía que pasa para a creación da natureza e entusiasma a paixón. Para recompoñer forzas, a organización garante comida e bebida, no mellor espírito da cultura celta.
A parte dos talleres de coroas de flores e de danza tradicional, que arranca a mediatarde do 30 de Abril, o programa presentará un interesante ritual de evocación da fertilidade, no peche do festival.
Na zona dos festival haberá un espazo amplo para acampar, con instalacións de baño e aseo, e aparcamentos para autocaravanas.

También podría gustarte
Comentarios