Club de Montaña O Caxado – Serra do Xures

51

Como prometeramos, informamos da saida de semana santa a Serra do Xures en terras de Ourense e Portugal. Como foron varios dias e varias actividades deixamos que sexa o compañeiro Marques o que nos conte o que fixeron ali:
Como tiñamos planeado,esta Semana Santa,voltariamos a Serra do Xurés co club de montaña “O Caxado”.
O mercores pola tarde saimos de As Pontes 11 compoñentes do clube hacia Alvite,unha pequeña aldea no concello de Muiños en Ourense,na fronteira con Portugal,onde a federación galega de montaña ten un refuxio, no cal durmiriamos durante estes días.
O tempo pronosticado non era moi bon pero “si hay que ir se va”…….,e o final respetounos, pois choveu pouca cousa e cando choveu con forza xa acabaramos as rutas que tiñamos previstas.
O ser unha serra que colle tamen Portugal as rutas se desenvolveron nos dous territorios como agora vos conto de maneira o mais resumida posible que poida.

xures_01.jpg


O xoves fariamos a ruta A Cela –Pitoes,pero empezando xa en Albite,15 km,pero ida e volta e calificada como de dificultade alta.O mas salientable de esta ruta a parte da paisaxe e o paso pola aldea abandonada e agora en restauración de Salgueiro e a Carballeira da Barxa.O final de esta ruta acaba no pequeño pobo portugués de Pitoes e de aquí volta polo mesmo camino de novo a Albite.
O venres tocaban duas rutas no concello de Lobios,unha pola maña e outra pola tarde.
A de pola mañá foi a ruta de Padrendo de 7 km e dificultade media –alta.Esta ruta sae dos arredores da Ermida de Padrendo.pasando por arboledas con carballos,acibros e alcornoques ata ir ascendendo ata o Chan de Ventoselo,logo descender pasando por uns vellos muiños para voltar a Ermida da que comenzábamos a ruta.
Pola tarde fariamos a ruta Corga da Fecha,3km,dificultade alta pois e todo subida e según ascendemos disfrutamos das vistas que nos ofrece unha grande e fermosa fervenza e unas pozas de auga fresca e cristalina,unha vez arriba,a volta todo baixada.
Sabado tocaba ruta completamente no territorio portugués,cruzábamos a fronteira onde deixabamos os coches en Portela do Home,un pouco de asfalto entre unas vellas carballeiras para logo coller unha pista forestal que nos levaría logo de unha boa subida por un fermoso val con varias caídas de auga e uns ¿¿3km??…..chegariamos unha mina abandonada e dende o seu contorno unas boas vistas tamen do parque na parte portuguesa.Rematariamos a tarde adentrándonos algo mais na parte portuguesa e disfrutando de unha parte diferente do resto do parque e que a todos gustou moito.
O domingo voltariamos en coche o pobo,portugués de Pitoes para ali facer unha ruta por ali cerca e que nos levaría a ver unha impresionante fervenza e o mosteiro de Stª Mª das Júnias,rematamos o mediodía no pobo, bocatas, cervexas,…
Pola tarde xa de regreso parábamos de turismo nun antigo campamento romano en parte reconstruido e que xusto o lado ten un centro de interpretación donde explican a historia da comarca e o paso do imperio romano por ela.pois e unha comarca chea de unha morea restos romanos(calzadas,termas…)
A media tarde volta a casa logo dun ben aprobeitado fin de semana largo e sin mollarnos,cousa importante pois xa non contábamos librarnos dunhas boas molleiras….
Asi que todo saleu ben e disfrutamos a tope….”me encanta que los planes salgan bien”.

xures_01.jpg
xures_01.jpg
xures_01.jpg
xures_01.jpg
xures_01.jpg
xures_01.jpg
xures_01.jpg
xures_01.jpg
xures_01.jpg
xures_01.jpg
xures_01.jpg
xures_01.jpg
Nova cortesía de Chucho

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios