CAMPIONATO GALEGO ALEVÍN. CD AS PONTES 0 MONTAÑEROS A CORUÑA B.G. 5

29

Clara victoria do conxunto coruñés do Montañeros na ida dos dezaseisavos de final do Campionato Galego Alevín, no partido disputado hoxe á mañá no Campo do Poboado.
Grande o equipo herculino, moi ben en todas as súas liñas, con moi boas combinacións e pases, coas ideas moi claras, e sen fisuras, xa na primeira parte foronse con 0-4 no marcador, que ampliaron a cinco no segundo tempo anque puido caer algún máis, que entre Lino e a defensa desbarataron.
alevin_01.jpg


Por parte pontesa, no encontro de hoxe ante un rival moi bo, os cativos saíron con algo de respeto, pero intentando plantar cara, tendo en Josiño e nun testarazo de Martín as súas mellores ocasións.
O gran logro xa estaba conseguido, solo dous equipos da comarca conseguiron clasificarse entre os 32 mellores de Galicia, o gran Portuarios que esta semana conseguiu meter a dous dos seus futbolistas entre os doce que representarán a Galicia no Campionato de España Alevín (Kevin e Joel), e o As Pontes.
Ós discípulos de Rebolo quedalles o encontro de volta e afrontar a Copa de Ferrol nun grupo no que quedaron encadrados con EFR Racing Ferrol, Rápido de Neda, Narón Balonpé e Miño.
Xogaron Lino, Pedro, Martín, Alex, Esteban, Jandro, Adrián, Andrés, Josiño, Jorge, Antón e Bruno.
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
Nova cortesía de Xosé Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios