COPA GALEGA FEMININA. CD AS PONTES 1 MONTE FORTE 1. UN HEROICO EQUIPO FEMININO CLASIFICASE ENTRE OS DEZASEIS MELLORES EQUIPOS DE GALICIA

30

Sensacional o cadro feminino de Salido e Pita que hoxe á tarde tirando de épica se clasificou pra os oitavos de final da Copa Galega tras empatar a 1-1 ante o cadro monfortino no encontro disputado no Campo do Poboado.
Antes de comezar o encontro as visitantes xa partían con ventaxa, equipo e banquiño, veterán e completo, por parte local, ausencia do frontón Silvia, da creadora Carlota, e Mireia en proceso de recuperación, por sorte, a nota positiva, a presencia de Laura e Alba, e a entrega de Clara que xogou coa man escaiolada.
femenino_001.jpg


As visitantes sabíanque o único que lles valía era a victoria, co empate quedaban eliminadas, e foron a polo gol desde o primeiro minuto. Dominio total, un tiro ó poste no 8´ e dous paradóns de Leti, ata que no 34´chegaba o gol. Sorprendentemente, en lugar de ir a polo segundo, recuaron e antes do descanso entre Jani e Chipy xa tiveron unha boa ocasión.
No segundo tempo as azuis tiraron de casta, de orgullo, e a pesar de xa estar clasificadas, foron a polo empate que lles garantira a primeira posición, e as ocasións non tardaron en chegar, Clara quedouse soa en dúas ocasións (46´e 50´) e Laura creou moito perigo arriba. Nos primeiros 30 minutos o dominio do balón era azul, xogabase no campo visitante e as de Monforte estaban totalmente replegadas, acercabanse en contralpes contados, iso si, con moito perigo, como unha que salvou Leti no 75´.
Pero moi ben o equipo local neste segundo período, Leti que hoxe fixo de Casillas, defensa contundente, e de medio pra arriba creando moitas ocasións. Xa no minuto 83´ nun pase en profundidade, Patricia Rochela quedase soa ante a porteira, pero é empurrada por detrás pola número tres visitante e o árbitro decreta penalti e expulsión.
A xogadora de San Sadurniño Noelia tivo a responsabilidade de marcar un tanto que valía o primeiro posto, e non sen nervios marcou cun tiro ben colocado. De ahí ó final defensa numantina e moito sufrimento no público, escaso, pero fiel. O árbitro pitou o final do encontro desatando a algarabía do cadro local e o manteo da gran e imprescindible Emma.
O As Pontes, nun grupo dificilísimo pasa primeiro con 12 puntos, 3 victorias e 3 empates, salvo sorpresa do Tordoia de segundo pasa a Milagrosa con 10 puntos, os mesmos que ten o Monte Forte pero con peor goal average e polo tanto eliminado, e cun punto o Tordoia.
Segundo o sorteo feito pola federación galega o segundo clasificado xogará en dezaseisavos de final contra o Choco de Redondela, namentres que o primeiro, As Pontes, salta unha rolda e directamente xogará co Bértola en oitavos de final.
Polo tanto as rapazas de Salido teñen dúas semanas de descanso ata recibir ó perigoso equipo pontevedrés. Xogaron Leti, Yaiza, Alba B, Jani, Lía (Candela 45´), Lara, Clara (Alba 90´), Noelia, Laura, Chipy e Carliña (Patri Rochela 78´).
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
Nova cortesía de Xosé Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios