ACTUACIÓN DE GEMA BUITRÓN NAS ROLDAS CALIFICATORIAS DA COPA DO MUNDO DE POREC (CROACIA)

45

A arqueira pontesa Gema Buitrón Cortiñas acabou as roldas calificatorias na 29ª posición logo das 144 tiradas na rolda preliminar da Copa do Mundo que se levará a cabo esta semana en Porec (Croacia).
Dominio coreano copando as tres primeira plazas, Dasomi Jung con 1374 puntos, Bae Ki Bo con 1362 e Gyeonghee Han con 1349. Gema 29º con 1302 puntos, 42º Magali Foulón con 1284, 47º Helena Fernández con 1280, e 60º a naronesa Iria Grandal con 1263.


Mañá competirá contra a bielorrusa Alena Tolkach (84º) para acceder á fase final. Foulón contra a belga Struyf (71º), Fernández contra a francesa Dodemont (66º), Grandal contra a mexicana Valencia (53º).
En recurvo feminino por equipos undécima posición para España con 3866 puntos. As tres primeiras plazas, como non, para Corea do Sur, con 4085 puntos, segunda India con 3961, e terceira Rusia con 3960. Competirán en oitavos de final contra Ucrania, sexta clasificada.
En recurvo mixto, Gema e o mellor clasificado masculino, Andrés Gómez, 14º con 1325 puntos, ocuparon a décima posición por equipos, sumando 2627 puntos. As tres primeiras plazas para Corea do Sur, 2733, Gran Bretaña, 2666 e Italia 2665. Competirán en oitavos de final contra México, séptimo clasificado.
Nova cortesía de Xosé Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios