O RÍA DE FERROL CONCEPCIÓN ARENAL E SUSANA CASTRO TERCEIROS NA PRIMEIRA XORNADA DA DIVISIÓN DE HONRA

73

O Ría de Ferrol Concepción Arenal concluiu terceiro na primeira xornada da División de Honra Feminina disputada o sábado en Avilés e pertencente ó Campionato de España de Clubes.
Na proba do 800 gañou Beatriz Valiente con 2:16:37, segunda a atleta do Ría Marina Petkova con 2:18:09, terceira Lorea Ayala con 2:18:86, cuarta Mioara Cosulianu con 2:19:02 e quinta Susana Castro con 2:19:53.


Outras prazas de honra do clube ferrolán foron as victorias de Ana Peleteiro en triple salto e a de Ana Pereira en xabalina. Segundas foron Lidia Casal en 200, Lidia Parada en xabalina, Marisa Casanueva en 3000, e o relevo 4 por 400, acabando terceiras Belit Solar en 1500, Ana Belén Pérez en 3000 obstaculos, Bruna Miralpeix en 100 valados, Lucía Ferreiro en pértega e Carmenza Delgado en Martelo.
Na clasificación final desta primeira xornada, gañou Puerto de Alicante con 201.5 puntos, segundo Krafft San Sebastián con 176.5, e terceiro o Ría de Ferrol Concepción Arenal con 159.5.
Nova cortesía de Xosé Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios