UNHA ESPECTACULAR GEMA BUITRÓN CONSIGUE A MEDALLA DE BRONCE NA COPA DO MUNDO

54

Unha nova alegría nos trouxo hoxe a arqueira pontesa Gema Buitrón Cortiñas que ven de acadar hai uns minutos a medalla de bronce na proba de Recurvo Mixto da Copa do Mundo de Tiro con Arco que se está a disputar en Porec (Croacia).


Andrés Gómez e Gema consiguen a primeira medalla da delegación española nesta Copa do Mundo. Gema, co balear Daniel Morillo de compañeiro, xa conseguira a medalla de bronce nesta especialidade na Universiada de 2008.
 
Para a rolda defintiva so se clasificaron as 16 mellores seleccións, e España coa 10ª mellor nota competía en oitavos de final contra México (Ana Bayardo e Juan René Serrano), equipo ó que derrotaron por 139-128.
 
Na rolda de cuartos de final competían contra o potente equipo británico (Naomi Folkard e Laurence Godfrey), segundo clasificado nas preliminares. España foi gañando desde o principio pero no tramo final os británicos sacaron a calidade e empataron 145-145. No tiro do desempate a delegación española levou o gato á auga, 18-17, e conseguiu pasar a semifinais.
 
Nesta rolda competiron co gran equipo estadounidense (Kathuna Lorig e Brady Ellison)  e non foi o seu mellor envite, e a pesar de acabar a confrontación remontando, perderon 141-138.
 
Pero non era o momento de virse abaixo porque había unha medalla en xogo, o bronce, e no enfrontamento polo terceiro e cuarto posto venceron con solvencia por 145 a 134 ó equipo polaco formado pola gran Justyna Mospinek e Piotr Piatek, que quedou sen metal.
 
A final polo ouro, o sábado, a super potencia Corea do Sur contra Estados Unidos.
 
Mañá Gema Buitrón e as súas compañeiras, a balear Magali Foulón e a campiona junior, Helena Fernández, teñen unha cita na proba de Recurvo por Equipos Feminino, e para comezar, en oitavos de final terán que gañar ó difícil equipo ucraniano composto por Victoriya Koval, Olena Kushniruk e Lidiia Sichenikova.
Nova cortesía de Xosé Ferreiro.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios