ESPAÑA ACABA OITAVA NA COMPETICIÓN DE RECURVO FEMININO POR EQUIPOS

48

Esta mañá disputouse en Porec (Croacia) a competición de Recurvo feminino por equipos coas 16 mellores seleccións onde España acudía con Buitrón, Foulón e Hernández e tras conseguir a 11ª mellor marca nas preliminares.
 
Nos oitavos de final enfrontabanse ó perigoso equipo de Ucrania (Koval, Kushniruk, Sichenikova) ó que conseguiron vencer por 209-208.


Xa na rolda de cuartos enfontabanse ó potente equipo ruso campión de Europa (Bomboeva, Erdyniyeva, Stepanova) e pese a plantar cara acabaron gañando as rusas por 207-205.
 
O equipo ruso venceu á India nas semifinais e Corea fixo o mesmo con Alemaña polo que ambas seleccións veranse as caras mañá na final. Na loita polo bronce Alemana impúxose á India por 209-202.
 
Mañá disputanse todas as finais sendo o único metal da delegación española o conseguido por Gema e polo seu compañeiro de equipo Andrés Gómez.
Nova cortesía de Xosé Ferreiro.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios