COPA MODESTOS. CD AS PONTES 0 GALICIA DE CARANZA 1.

76

Victoria e clasificación do conxunto ferrolán do Galicia de Caranza que venceu hoxe á tarde no encontro disputado no Campo do Poboado por 0-1, o que sumado ó empate a 2-2 do partido de ida os clasifica pra a terceira fase, pois da segunda quedan exentos.
modestos_001.jpg


Dominaron máis os de Ferrol na primeira metade e polo cadro local que co ascenso xa tiña conseguido o obxectivo do ano saíron algúns dos menos habituais. Foi na segunda metdade, no 57´,cando se adiantaban os ferroláns por medio de Penano, o gol que en definitiva os clasificaba. Que situación tan diferente á vivida polo xogador que na primeira confrontación ligueira contra os azuis se mancou de gravidade tras chocar con unha varandilla e estivo unha longa temporada sen pisar os terreos de xogo.
A raíz do gol, o As Pontes foi a polo empate, que os clasificaba, e embotellou nos últimos minutos ó cadro visitante, Juan incluso se sumou ós corners e Borja quedou como único central subindo o resto do equipo. Puido empatar o As Pontes pero tamén puideron sentenciar os visitantes pero o marcador non se moveru e o cadro ferrolán levou o gato a auga e clasificouse no duelo entre os dous mellores equipos da categoría.
No último encontro desta tempada Calpita xogou con Juan, Antón (Hugo), Alex Antón, Carlos, Fran, Mourín, Junior (Iván Parapar), Danilo (Iván), Borja, Adrián Criado e Púas (Fernando).
modestos_001.jpg
modestos_001.jpg
modestos_001.jpg
modestos_001.jpg
modestos_001.jpg
modestos_001.jpg
modestos_001.jpg
Nova cortesía de Xosé Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios