Susana Castro, Campiona Galega da Milla

36

Esta fin de semana a atleta pontesa Susana Castro desplazouse ata Padrón onde este domingo á mañá se disputou o Campionato Galego da milla en ruta.
E como non, novo éxito pra Susana que voltou a As Pontes con unha medalla de ouro e outra de prata.
Na categoría senior feminina gañou Susana cun tempo de 5:51, segunda María Eugenia Álvarez de Viveiro con 6:14 e terceira Filomena Cid de Ourense Academia Postal con 6:28.
milla3.jpg


Na categoría absoluta feminina a vencedora foi a actual campiona de España Junior, Leticia Fernández Barbosa do Ourense Academia Postal que fixo un tempo de 5:28, segunda Susana, e terceira e medalla de bronce Xoana Roig do Celta con 6:00.
Na categoría absoluta masculina venceu Juan Pablo Fernández da Sociedade Ximnástica de Pontevedra cun tempo de 4:33, segundo Alberto Chaves do Ourense Academia Postal con 4:39 e terceiro Pablo Díaz, tamén da Ximnastica de Pontevedra con 4:41.
Nova cortesía de Xosé Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios