RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

245

O As Pontes de Terceira División acaba de empatar a 1-1 co Santa Comba acabando a Liga na undécima posición con 44 puntos e voltará a xogar un ano máis nesta categoría. Casualidades da vida, o equipo que privou ó As Pontes do ascenso hai seis anos, o Santa Comba, daquela Atlético Mineiro, veuse abocado á pèrda de categoría esta xornada tras empatar cos azuis, anque o descenso do Pontevedra e a última hora do Fabril de David Rochela xa lles deixaba poucas opcións.
O xuvenil de Liga Nacional perdeu 3-1 en Carballo ante o Bergantiños e complícase moito a súa permanencia na segunda máxima categoría do fútbol xuvenil estatal. A falta de 3 xornadas para o remate da Liga son terceiros pola cola con 24 puntos, a sete da salvación que agora mesmo a marcaría o San Roque con 31. Comentannos que en 5 minutos fatídicos na primeira metade os de Carballo encaixaron 3 goles e xa na segunda metade, cun dominio absoluto e moitas ocasións o As Pontes foi incapaz de marcar, salvo en un remate do talentoso Cañizares que serviu para acurtar distancias. A semana que vén reciben a un rival directo, o Alerta Travesas de Vigo, e deben gañar e agardar outros resultados.
1_benxamin_01.jpg


Sensacional resultado do xuvenil na Copa xa que venceu esta mañá por 5-1 ó complicado Narón BP. Pola súa banda o San Pedro derrotou ó Numancia por 1-0 no outro encontro do grupo. Por desgrazas do sorteo, agora afrontan os seus dous próximos compromisos a domicilio, este martes visitan ó Numancia de Ares e o fin de semana ó Racing San Pedro. So pasa o campión de cada grupo a semifinais. Xogaron polo equipo de Javi, Krikry, Diego (Alberto), Rubén, Samu, Darío (Jacobo), Hugo, Santalla, Beto (Marcos Otero), Javi, Isma e Sergio Criado (Capela). Dous goles de Javi, Sergio Criado, Santalla e Capela por un As Pontes no que xogaron os dous cadetes Alberto e o defensa Marcos Otero, irmán do alevín Sergio.
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
Vitoria das pequenas do equipo feminino ante o cadro ferrolán do Aspirantes no encontro disputado hoxe á mañá no Campo Anexo do Poboado por 3 a 0. Encarrilaron as de Salido o encontro na primeira metade cos goles de Janira e Patri Rochela, que resultou lesionada na xogada, non semella de gravidade afortunadamente. No segundo tempo puideron meter máis goles as locais pero foi cerca do final cando chegou o 3 a 0 nun saque de banda de Antía no que unha xogadora rival introduce o balón na súa portería no seu intento de despexe. Vinte e dous puntos suma ó As Pontes que se aúpa á segunda praza á espera do resultado entre Narón e Meirás. Precisamente as azuis despiden a Liga en Narón e de gañar obterían un meritorio segundo posto, por detrás do Val, tendo en conta que, por idade, son con diferenza o menor dos oito participantes. Resaltar a presenza na portería de Alba Barro que xa non so nos deleita coas súas xogadas senón que improvisou de porteira e acabou imbatida tras 60 minutos. Salido e Pita xogaron con Alba, Andrea Cabarcos, Janira, Patri Rochela, Sabela, Antía, Andrea Pita, Cris García, Chipy, Laura Permuy e Uxía, que hoxe cumpría 15 anos.
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
feminino_01.jpg
O Alevín A segue coa súa boa senda na Copa e gañou 3-8 ó Miño. Colideran a clasificación xunto ó EFR Ferrol e estes dous conxuntos semella que se van xogar a primeira plaza de grupo e polo tanto a clasificación. Por sorte, será o sábado que ven no Campo do Poboado, rematando a liguiña os azuis visitando a un Neda colista e que xa non se xoga nada. Polo tanto o encontro do vindeiro sábado é clave. Marcaron Jorge (3), Adrián (2), Jandro, Esteban e Andrés.
O Alevín B goleou 7-0 ó Canido e depende de si mesmo para clasificarse para a ronda final. Para elo debe gañar o sábado en Ares ó Numancia. Un empate tampouco lle viría mal porque na última xornada, na que descansa, os de Ares visitan ó campión de Liga Galicia de Caranza D e sería complicado que lles gañaran e ademais teríano que facer por goleada. Asi que si o As Pontes puntúa o sábado tería pe e medio en cuartos. Dobrete de Sergio e Bruno, Alex, Cazás e Manu.
Os dous equipos alevíns poderían clasificarse para os cuartos de final, e sería moi exitoso que nun torneo no que participan 39 equipos os dous cadros azuis se clasificaran entre os 8 mellores.
Non correron a mesma fortuna os dous equipos benxamíns e os dous prebenxamíns que quedaron eliminados e este sábado xogaron o seu último encontro na competición.
Pero fixerono pola porta grande, o Benxamín A gañou 7-1 ó Caranza C e acabou segundo do seu grupo por detrás do Racing San Pedro, con tres goles de Jose (foto), Alejandro, Dani Dasilva, Dani G e Antón C.
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
O Benxamín B despediuse cunha derrota 4-1 contra o Eume en Pontedeume, tanto da honra de Vicente.
Clasificarían os mellores de cada grupo e os dous mellores segundos que serían Portuarios, O Val B, Numancia, San Pedro A, San Pedro B, e EFR Ferrol B ou Cedeira B. Precisamente á espera de coñecer o resultado dese encontro que se celebrará o martes agora mesmo os dous mellores segundos serían Caranza A e Caranza B.
O Prebenxamín A despediuse da Copa goleando 7-2 ó Cedeira B, polo que acaban na terceira posición do seu grupo con 9 puntos clasificándose O Val con 13. Goles de Joan (4) (foto), Eloy, Dani, Javi.
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
Peor o pasaron os rapaciños do Prebenxamín B que perderon 17-0 co Perlío, os de Fene necesitaban golear e non tiveron compaixón, saiulles ben a xogada pois tras o Caranza C 0 Numancia 6, empatados a puntos, pasa o Perlío cun goal average de +26, por +23 dos de Ares.
Os catro clasificados para semifinais son O Val, EFR Ferrol, Galicia de Caranza e Perlío.
Nova cortesía de Xosé Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios