COPA CADETES: CD AS PONTES – GALICIA DE CARANZA (3-1)

59

Paso importante do conxunto cadete do As Pontes ó gañar na tarde de onte a un complicado rival, o Galicia de Caranza, campión de liga. O partido non chegou ó final, xa que o árbitro do partido decidiu suspendelo a falta de sete minutos para remate, cando os ponteses gañaban por un claro 3-1. Agora o comité de competición deberá tomar a decisión se se xogan os sete minutos que faltan ou se dá o partido por finalizado.
En canto ó encontro, sinalar que estivo moi disputado, aínda que con maior dominio local, que ós dous minutos de xogo atopouse cun gol en contra logo dun contragolpe dos ferroláns. Catro minutos máis tarde Tini empata despois dun saque de falta. No minuto quince Galego, a pase de Tini, logra o segundo gol do As Pontes, resultado co que se chegaría ó descanso. No segundo tempo, minuto 28, Tini marca o seu segundo tanto nun lanzamento de falta.
cadetes_001.jpg


No minuto 33 prodúcese unha tángana verbal entre os xogadores dos dous equipos e o árbitro toma a decisión de suspender o partido. O As Pontes fixo ó corredor ó Galicia de Caranza polo seu título de liga e antes de iniciarse o partido gardouse un minuto de silencio polo falecemento da irmá do delegado do Club pontés.
Este sábado o As Pontes xoga en Ortigueira o derradeiro partido da primeira fase da copa, no que un empate ou unha derrota pola mínima válelle para clasificarse para as semifinais.
Por outra banda, destacar que na fase final galega de campións o As Pontes enfrontarase na primeira eliminatoria ó C.D. Foz, subcampión do grupo lucense. O partido de ida será o 28 de maio no Poboado e o de volta o 4 de xuño. De superar ó conxunto focense enfrontarase en oitavos de final ó vencedor do Xuventude Oroso-Galicia de Caranza.
Tamén vitoria do equipo B xuvenil, que na tarde de onte gañou por un claro 1-6 en Ares diante do Numancia, resultado que lle permite liderar o seu grupo con seis puntos, tres sobre Narón e Racing San Pedro, equipo ó que se enfronta o vindeiro sábado. Os ponteses son practicamente campións de grupo, pois terían que perder por máis de dez goles en Ferrol ante o San Pedro ou que o Narón tamén golee o Numancia.
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
cadetes_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios