O PILOTO PONTÉS GUILLERMO CABARCOS PARTIU ESTA TARDE CARA A CIDADE POLACA DE KONIN

580

Ás cinco e media do serán deste xoves, 19 de maio, o piloto pontés Guillermo Cabarcos despegou dende unha improvisada pista situada no monte Forgoselo coa súa avioneta cara a cidade polaca de Konin, onde dende hai un tempo están a operar varias rotopalas procedentes da mina de As Pontes, unha delas bautizada co nome da patroa de As Pontes, Carme. A viaxe está patrocinada polo concello de As Pontes.
polonia_001.jpg


Guillermo Cabarcos, que conta cunha ampla experiencia no mundo da aviación con viaxes a América Central e do Sur, así como a diferentes países europeos, emprega para esta viaxe unha avioneta Kitfox cunha autonomía de sete horas e unha velocidade máxima duns 160 quilómetros por hora. Na viaxe dos case tres mil quilómetros de percorrido empregará uns catro ou cinco días, con etapas intermedias por España, Francia, Alemaña e Chequia.
O obxectivo desta viaxe é facer chegar a esta cidade polaca unha misiva do concello de As Pontes a prol dun futuro irmandamento entre as dúas localidades agora vencelladas no mundo da minería pola rotopala “Carme”.
A cidade de Konin está situada no centro de Polonia, no voivodato de Gran Polonia, sobre o río Warta entre Poznan e Lódz. É un importante nó de comunicacións e está a uns cen quilómetros ó sur-leste de Poznan. Conta con máis de 80.000 habitantes e a súa aglomeración urbana con 133.000.
Konin está irmandada con dez cidades europeas: Hénin-Beaumont (Francia), Herne (Alemaña), Tchernivtsi (Ukraína), Briansk (Rusia), Wakefield (Reino Unido), Karlovo (Bulgaria), Sundsvall (Suecia), Akmené (Lituania), Dobele (Letonia) e a española Santa Susanna, pequeno municipio de 3.300 habitantes do Maresme catalán.
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
polonia_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios