BORJA PRIETO QUINTO NA FINAL B DA COPA DO MUNDO

96

O palista pontés ven de acadar esta mañá xunto ós seus compañeiros Hernanz, Cubelos e Peña a quinta praza no K4 1000 metros da proba da Copa do Mundo que se está disputando en Racice.
Igual que o día anterior, Cubelos e Peña tiveron que disputar minutos antes o K1 1000 metros, polo tanto chegaron á final B do K4 con cinco regatas nas súas costas en apenas unhas horas. Gañou a embarcación húngara cun tempazo que sería medalla na final A, segundos os campións mundiais franceses, terceiros, sensacionais, o K4 de Llamedo, Germade, Llera e Baños cun bo tempo de 2:59:121, cuartos os arxentinos, e quinto o K4 de Borja con 3:01:251.


Na Final A sorprendeu o teórico segundo equipo de Bielorrusia que se fixo xo ouro, apenas 27 centésimas por diante dos sorprendentes australianos e algo más de medio segundo por diante dos xeniais portugueses. Cuarto foi o K4 titular de Bielorrusia dos grandes Piatrushenka, Makhneu, Litvinchuk e Abalmasau.
A vindeira proba da Copa do Mundo será a semana que vén en Duisburg.
Nova cortesía de Xosé Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios