RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

122

O xuvenil de Copa da Ría venceu 2-4 en Ferrol ó San Pedro, Roca, Hugo, Isma e Javi, e asegurou a súa clasificación para as semifinais tras gañar tamén esta semana 1-6 en Ares ó Numancia. Pasan á rolda de semifinais onde se enfrontarán ó Cedeira, o primeiro partido en As Pontes e o segundo aló. O cadro pontés podería optar por xogar con algún revulsivo de Liga Nacional para tentar clasificarse para a final. Rematar a tempada con unha final ou cun título sería maravilloso. Na outra semifinal o Perlío ou Ánimas xogarán casi seguro contra o Galicia de Caranza.
Outro tanto do mesmo lles sucede ós cadetes que onte empataron en Ortigueira (1-1) e clasificaronse no auténtico grupo da norte, no que estaban tres dos cinco mellores equipos da categoría. Emparellanse en semifinais co duodécimo clasificado da Liga, o Rápido de Neda, polo que parten como favoritos pero non haberá que confiarse. O primeiro partido fóra, o segundo na casa. Na outra semifinal o cuarto clasificado de Liga, O Val, contra o séptimo, Numancia de Ares. Os cadetes teñen unha gran opción de clasificarse á final e poder optar ó título. Terán que xogar entre semana pois durante a fin de semana defrontan co segundo clasificado do grupo de Lugo, o Foz, polo ascenso á Liga Cadete. Necesitan redoblar esforzos pois teñen dous obxectivos importantes e gañar un título sería un premio excelente a unha gran temporada.
aspontes_001.jpg


O Alevín A sen embargo practicamente despediuse das súas opcións de entrar na fase final do torneo copeiro alevín tras caer en casa ante o outro favorito do grupo, o EFR Ferrol, que venceu 1-2, adiantaronse por dúas veces os ferroláns e no segundo tempo a pesar de que os azuis o intentaron tan so conseguiron reducir distancias por medio de Jandro. Cun empate aínda manterían as súas opcións pero asi quedan prácticamente fóra e tan so unha sorprendente victoria do Narón en Ferrol lles daría o pase. Presumiblemente despedirán a tempada vistando ó colista Neda o vindeiro fin de semana. Curiosamente o equipo ferrolán é adestrado por Borja Carballo Pumares, ex internacional español sub16 no ano 2000, selección que un ano máis tarde gañou o Europeo Sub17 en Inglaterra anque sen o mencionado xogador no seu plantel.
O que ten posibilidades é o Alevín B que este martes necesitará alomenos puntuar en Ares ante o Numancia pra acceder a cuartos de final.
O que rematou a Liga Comarcal esta mañá foi o segundo equipo feminino, e non puido facelo nas mellores condicións ó acudir mermado polo compromiso do primeiro equipo ante o Bértola, e perdeu 3-0 ante o Narón BP que asegurou a súa segunda posición por detrás do Val. As azuis pasan da segunda á máis que probable cuarta posición coa presumible victoria do Meirás ante o colista Cariño. O equipo máis novo da competición sumou 22 puntos, 7 victorias, 1 empate por 6 derrotas, 34 goles a favor por 24 en contra. Marcaron os goles Chipy (11), Janira (6), Nato e Laura (4), Patri Rochela (3), Andrea e Antía (2), e Eloise e Cris Moirón (1).
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
aspontes_001.jpg
Nova cortesía de Xosé Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios