Mañá venres o Lar acollerá a derradeira foliada de este curso, xa que ata o vindeiro mes de outubro non volverá a arrancar o ciclo de foliadas que organizan os grupos de música tradicional e folk de As Pontes.
Os Feroces da Galgueira é o grupo encargado de organizar e de arrancar esta foliada, na que terá coma invitados ós míticos e indomables Estoupacaldeiros de Rábade e ós talentosos Airinhos del Campito de Narón.
Os Estoupacaldeiros son a personificación da música popular, da festa e da diversión. Este grupo está formado por varios amigos de vello que queren achegar a música popular, a tradición oral e a denominada música tabernaria a toda a poboación. O seu afán por dignificar este tipo de composicións comezou coma un entretemento anos atrás, e agora xa os ten levado por numerosos escenarios ao longo do país.
A mestura das voces, as gaitas, a percusión fan que cada concerto deste grupo acabe convertido nunha festa, xa que malia tocar dende o escenario, o seu é achegarse ó público, participar con el na diversión e implicalo dende o comezo para que disfrute tanto escoitando coma eles tocando.
Participaron na película 18 comidas do director Jorge Coira e tamén teñen participado en varios programas de televisión como Mundo Verbena, e neste último entroido foron os pregoeiros do entroido de Lugo.
Airinhos del Campito é un grupo de recente creación, do 2007, integrando básicamente por membros da Banda de Gaitas de Narón. Os seus escearios preferidos son os campos das festas e os festivais, donde mellor se achega e comparte a música tradicional coa xente.
Dende a organización invitan a todo o mundo a participar de esta foliada, no só escoitando a estos grupos, senón participando das tocadas e cantadas que de seguro se van a formar durante toda a noite. E para elo, e que a festa sexa ben grande, que cada quen traia o seu instrumento.
Novas
- Endesa prevé apagar para siempre la térmica de carbón gallega antes de julio
- Xunta y Concello de As Pontes dudan de la versión de Endesa sobre las pruebas
- Endesa cerrará la central de As Pontes por la inviabilidad del uso de biocombustibles
- Los trabajadores auxiliares de la térmica de Endesa reclaman el mantenimiento de sus puestos
- La vacuna del covid llega hoy a todos los geriátricos de la comarca
- Endesa As Pontes no pudo poner en marcha los cuatro grupos de carbón por falta de personal
- Siemens Gamesa cerrará la planta de As Somozas y despedirá a 215 trabajadores
- La ola de frío permite trabajar a dos de los grupos de Endesa
- As Pontes adjudica la escuela infantil A Barosa por 419.000 euros al año
- Endesa quiere quemar lodos en vez de carbón en As Pontes y la aboca a un ‘negro’ futuro sin fondos europeos
Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.
También podría gustarte
Comentarios