BORJA PRIETO E O K4 SEXTOS NA FINAL DA COPA DO MUNDO

109

Esta mañá disputabase a regata final do K4 1000 da terceira proba da Copa do Mundo que estes días se está a levar a cabo en Duisburgo (Alemaña).
Previamente disputouse a final B con victoria de Polonia (2:58:86), por diante de Italia e Serbia.
Dúas horas máis tarde, na final A, o K4 de Borja partía na novena calle mentres que o outro K4 español o facía na primeira. Vencía o equipo ruso cun tempo de 2:52:10, por diante do cadro local (2:52:66). Australia conseguía a medalla de bronce (2:54:00), mentres que Eslovaquia (2:55:13) e Ucrania (2:55:16) ocupaban a cuarta e quinta posición.
O K4 de Borja Prieto, Rodrigo Germade, Iñigo Peña e Fran Llera remataba na sexta posición cun tempo de 2:55:89, por diante do outro bote español de Hernanz, Cubelos, Llamedo e Baños que acababa séptimo con 2:57:42. Nos primeiros 250 metros eran cuartos, quintos ós 500 e 750 metros e sextos ó final tras vir remontando Ucraina por detrás.
borjaprieto.jpg


Oitavo era o kaiak chino (2:57:76) e noveno o danés (2:59:94).
Nas vindeiras semanas saberase quenes serán os representantes españois nos Europeos que se levarán a cabo en Belgrado (Serbia) do 17 ó 19 de Xuño e no Mundial que terá lugar en Szeged (Hungría) do 17 ó 21 de Agosto.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios