ACTUACIÓN DE XAQUÍN MIRA NO GRAND PRIX EUROPEO DE TIRO CON ARCO

185

O arqueiro naronés do Silex As Pontes Xaquín Mira desprazouse esta semana coa selección española ata a localidade francesa de Boe pra a disputa do Grand Prix Europeo.
Na rolda preliminar de recurvo masculino foi trixéximo terceiro con 1267 puntos. O seu compañeiro de selección Juan Ignacio Rodríguez foi 12º con 1308 puntos, 37º David Calleja con 1264 puntos e 42º Raúl Riera con 1255.
Nas eliminatorias finais superou a Thomas Barber de Gran Bretaña por 6 a 0, caendo en dezaseisavos de final contra o primeiro clasificado na previa e posterior prata Dmytro Hrachov por un marcador moi axustado. O español Juan Ignacio Rodríguez acadaba un magnífico bronce tras vencer na consolación ó italiano Giori 6-5, e o ouro sería pra o italiano Nespoli que venceu ó ucraino na final polo mesmo marcador.


En canto a competicón por equipos Rodríguez, Mira e Calleja con 3839 puntos e a séptima praza na previa comezaban con bo pe en oitavos tras superar a Polonia 207-202, pero nos cuartos de final tiveron a mala sorte de topar cun atinado equipo francés que lles gañou por un abultado marcador de 222-219 o que fixo que fosen o equipo con máis puntuación dos eliminados en cuartos de final e polo tanto acabaron quintos. Ouro para Italia, prata pra Malasia e bronce pra Ucraina, primeira na fase previa.
Gema Buitrón e Xose Ferreiro.

También podría gustarte
Comentarios