O MOBLES EUME PROCLAMOUSE CAMPIÓN DA COPA DE FÚTBOL VETERANO DE AS PONTES

64

O Mobles Eume proclamouse campión da copa de fútbol de veteranos de As Pontes ó impoñerse a As Pontes-74 por un gol a cero (1-0) na final disputada o pasado sábado no campo de fútbol-7 do Poboado. O encontro estivo moi disputado con ocasións para os dous equipos, pero tan só unha subiu ó marcador, foi no minuto dez de partido por mediación de Emilio.
Xogaron por Mobles Eume, que gañou tódolos partidos da competición de copa, Marcelino, Susín, Villa, Purriños, Cupeiro, Toni, Pepe, Emilio, Manel, Cope e Pichote. As Pontes 74 aliñou a Pellón, Paz, Toni, Anselmo, Roca, Luis, Xose, Platas, Tato Vila e Miguel. Palotes encargouse da arbitraxe dos tres partidos.
Pola mañá disputáronse as semifinais. Mobles Eume superou a Farmavida por 3-1, mentres que As Pontes-74 gañou por 2-0 a Construcións Guerreiro.
Coa disputa da final de copa rematou a temporada para o fútbol-7 de veteranos de As Pontes, competición na que participaron once equipos, co conxunto do Santaballés como campión de liga e Mobles Eume como gañador da copa.
veteranos_001.jpg


veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios