Moncho do Orzán: O cantar do arrieiro

321

Video da segunda intervención das II XORNADAS MOURAS, celebradas o pasado mes de decembro nas instalacións do Lar das Pontes.


II XORNADAS MOURAS
As Pontes, decembro de 2010
2ª parte: “O cantar do arrieiro” – Moncho do Orzán
Intervención a cargo de Ramón Rodríguez Palleiro (A Coruña, 1985).
A súa traxectoria artística está marcada pola súa profunda vocación musical e a súa paixón pola cultura galega. Formouse no mundo da gaita da man de Raúl Galego e Ricardo Santos. Foi membro dos grupos “Barallete” e “Os Cataventos”, cos que percorreu boa parte da xeografía galega, e vogal da Asociación de Gaiteiros Galegos nos anos 2004 e 2005.
Na actualidade é corista e vicearquiveiro do histórico coro “Cántigas da Terra” da Coruña, coordinando o proxecto de posta en valor e recoñecemento do arquivo desta Institución, sen dúbida un dos máis ricos da música tradicional galega. Del forman parte foliadas, pandeiradas, alalás, cantos de arreiro… case todos recollidos na primeira metade do século XX, antes de que a radio e a televisión entrasen nas aldeas.
Colabora tamén na revista mariñana “A Xanela” na súa sección de folclore e vén de presentar por diferentes lugares da nosa xeografía unha palestra titulada “Os Coros das Irmandades, un xeito de vivir o País”.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios