Marcial Tenreiro Bermúdez: Un camiño entre mámoas

118

Video da terceira intervención das II XORNADAS MOURAS, celebradas o pasado mes de decembro nas instalacións do Lar das Pontes.


Intervención a cargo de Marcial Tenreiro, nado na Terra de Trasancos, pero descendente de ponteses, seus avós foran de Cervicol e Ribadeume, é Licenciado en Humanidades pola Universidade da Coruña, obtén no ano 2006 o Diploma de Estudos Avanzados (DEA) na área de Arqueoloxía e Historia Antiga. Ese mesmo ano realiza o curso de Especialización en Estudos Céticos do Instituto de Estudios Celtas da “Real Academia de la Historia” (RAH).
Participa ademais nas campañas de escavación arqueolóxica como a do Círculo Lítico da Mourela (As Pontes, 2005) e o poboado ibérico de El Calbari del Molar (Tarragona, 2008), ou máis recentemente na das fases arcaicas da cidade grega de Ampurias (L´Escala, Alt Amporda, 2010).
É un dos responsábeis da organización dos I, II e III Simposio de Estudos Humanísticos da UDC, ademais de participar en diversos congresos e cursos sobre temas de Historia Antiga, Arqueoloxía e Etnografía, entre os que cabe destacar o I Congreso Internacional sobre a cultura celta. Os celtas da Europa Atlántica, (Ferrol, 1998); o I Congreso de Estudios Celtas do Instituto de Estudios Celtas da RAE, (Ortigueira, 2007); ou o III Congreso transfronteirizo de estudos celtas (España-Portugal), (Ortigueira, 2009).
En torno ás súas liñas de investigación actuais cabe destacar os seus estudos no campo da Etnografía, centrados no imaxinario popular. No eido da Historia Antiga e a Arqueoloxía, destacan as súas investigacións arredor da Romanización e as sociedades bárbaras (celtas e xermanos fundamentalmente) e a súa historia institucional, tratando diversos temas relacionados con estas temáticas en diferentes artigos.
Na actualidade, Marcial Tenreiro forma parte do Grupo de Investigación “Arqueoloxía, Historia Antiga e Análise Territorial” da Área de Historia Antiga, no Departamento de Humanidades da UDC e, paralelamente, imparte como profesor-tutor durante este curso as asignaturas de Arte Antigo en Exipto e Oriente Próximo e Arte Clásico na Antigüedade no grao de Historia da Arte da UNED (Centro Asociado de A Coruña)

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios