PARTIDOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES.

53

Boa despedida do xuvenil de Liga Nacional que venceu 3-0 ó Colexio Hogar San Roque de Vigo e finalizou a tempada como o mellor clasificado dos descendidos, feito a ter en conta por calquer eventual circunstancia.
Tras unha primeira metade con empate a 0-0, na segunda os de Carballo foron un vendaval, moitas ocasións, un penalti fallado, e dous goles de Javi (foto) e un de Marcos coa colaboración do defensa que selaron o claro triunfo.
O As Pontes xogou con Julián (Krikry 45´), Isma Prieto, Alex Cabarcos, Totti, Juan Donapetry (Chungui 79´), Abeás, Kilian (Marcos 66´), Guille (Juancito 66´), Dani (Javi 45´), Cañizares e Xabi Pellón.
A Liga remata co Celta B como campión, Lugo e Pabellón Ourense como ascendidos, en detrimento do Victoria coruñés e Sárdoma, As Pontes con 30, Chantada 26, Alerta Travesas 23 e Cultural Areas con 22.
O Montañeros B é quinto pola cola con 33 pero xa tiña descendido matemáticamente polo descenso do equipo A de División de Honra polo que o mellor dos descendidos foron os azuis que xogarán na Liga Galega o ano que vén se non hai algún tipo de contratempo de última hora.
xuvenil_a_01.jpg


xuvenil_a_01.jpg
xuvenil_a_01.jpg
xuvenil_a_01.jpg
xuvenil_a_01.jpg
xuvenil_a_01.jpg
xuvenil_a_01.jpg
xuvenil_a_01.jpg
xuvenil_a_01.jpg
xuvenil_a_01.jpg
xuvenil_a_01.jpg
xuvenil_a_01.jpg
xuvenil_a_01.jpg
xuvenil_a_01.jpg
xuvenil_a_01.jpg
xuvenil_a_01.jpg
xuvenil_a_01.jpg
xuvenil_a_01.jpg
O Xuvenil B xogaba hoxe nas semifinais da Copa de Ferrol onde se daban cita o mellorciño da categoría a nivel comarcal, por un lado o Galicia de Caranza de Liga Galega contra o subcampión da Liga Local Ánimas, e o terceiro clasificado, Cedeira, campión cadete o ano pasado, contra o As Pontes B, cuarto clasificado. So faltaría o campión de Liga Perlío, eliminado polo Ánimas.
Tras unha primeira metade sen goles, no segundo tempo o As Pontes foi a por todas, co seu segundo equipo que fixo unha sensacional campaña e sen empregar practicamente ningún rapaz de Liga Nacional, o único non habitual foi Ismael Prieto “Palas” que por riba lesionouse no minuto 40.
Nunha xogada desgraciada, no 55´ Krikry despexa un balón que rebota en Juancito que ven recuando e non pode facer nada e anota o 0-1 en propia porta.
O As Pontes que mereceu máis puido marcar de penalti, pero igual que o sábado volveu errar dende o punto fatídico no 68´. Compensouno o dianteiro Dani, que tras escaparalle o balón a Krikry e quedar so e a porta baleira mandouna fóra no 78. O mesmo xogador mandou un balón ó poste no 89´. Luciuse o porteiro local nunha falta despexada a córner no 80´e un minuto máis tárde nun desvío dun defensa que ía a gol, pero salvou in extremis.
Pero o Cedeira so chegaba ó contragolpe, o dominio total do segundo tempo foi dos azuis anque non souberon concretar. O gran Javi tivo varias e creouse moito perigo nas xogadas a balón parado botadas maxistralmente polo capitán Hugo, pero o balón non quería entrar.
No desconto nun golazo os de Cedeira puxeron 0-2 que semellaba sentenciar a eliminatoria, pero maquillou Marcos co 1-2 tras lanzamento de libre indirecto dentro da área o que da un pouco de esperanzas pra o encontro de volta a disputar o fin de semana que vén no campo de O Beco.
Xogaron Alex (Krikry 45´), Diego, Rubén, Palas (Marcos 40´), Darío, Hugo, Santalla (Lechu 84´), Juancito, Javi, Isma López (Capela 89´) e Sergio Criado (Jacobo 80´).
xuvenil_b_01.jpg
xuvenil_b_01.jpg
xuvenil_b_01.jpg
xuvenil_b_01.jpg
xuvenil_b_01.jpg
xuvenil_b_01.jpg
xuvenil_b_01.jpg
xuvenil_b_01.jpg
xuvenil_b_01.jpg
xuvenil_b_01.jpg
xuvenil_b_01.jpg
xuvenil_b_01.jpg
xuvenil_b_01.jpg
xuvenil_b_01.jpg
xuvenil_b_01.jpg
xuvenil_b_01.jpg
xuvenil_b_01.jpg
xuvenil_b_01.jpg
xuvenil_b_01.jpg
Por un erro alleo a nós comunicousenos que o equipo cadete perdera en Foz, pero bendito erro, os cadetes empataron a 2-2 nos últimos minutos e tralo resultado de 0-0 na ida polo valor dobre pasou á final da Fase de Ascenso, que xogarán co Xuventude de Oroso que eliminou sorprendentemente ó Galicia de Caranza, pra saber cal dos dous equipos é o que ascende á Liga Galega. Sensacional tempada dos de Iván Rodríguez que ademáis este mércores deberán remontar ás 19:00 un 5-4 en contra na ida da semifinal da Copa ante o Rápido de Neda pra optar a xogar a final da Copa de Ferrol Cadete contra o complicado O Val. Precisan do apoio do público nestes dous torneos que afrontan por diante que se poden saldar con ambos éxitos. Comezaronse adiantando anque os de Lugo remontaron, pero nos últimos minutos o gran central Marcos deu o gol do empate.
Por outra banda onte tamén se xogou un simbólico encontro entre o equipo infantil e os pais dos xogadores. O resultado, que era o de menos, foi de empate a 3-3 con victoria dos cativos nos penaltis.
infantil_pais_01.jpg
infantil_pais_01.jpg
infantil_pais_01.jpg
infantil_pais_01.jpg
infantil_pais_01.jpg
infantil_pais_01.jpg
infantil_pais_01.jpg
infantil_pais_01.jpg
infantil_pais_01.jpg
infantil_pais_01.jpg
infantil_pais_01.jpg
infantil_pais_01.jpg
infantil_pais_01.jpg
infantil_pais_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios