Resultados do Grupo Xuvenil os días 4 e 5 de xuño

99

O clube de piragüismo local desprazouse este fin de semana a duas competicións.
A 1º delas disputouse o sábado día 4 na Illa de Arousa e tratábase da 4º regata da Copa Galega de promoción.Ata alí desprazaronse tres palistas de categora infantil A, acadando David Tonislavov Damyanov o 17º posto, Raúl Tojeiro Garcia 29º posto, e Edel Antonio del Valle Martínez o 54º posto, acadando unha mánifica 27ª posición por clubes.
Por outra parte o equipo senior desprazábase ata Valldolid para disputar o Campionato de España de maratón, participando Alberto Permuy Domínguez no k1, Carlos Pedreira Carneiro e Antonio Polo Campello(Bolseiro de deportistas do Concello de As Pontes) en k2, e David Veiga Barbas e Hernan Fernández Blanco en C2.
Os resultados foron desiguais, Alberto no conseguiu rematar a competición por problemas na súa embarcación.
O C2 de David e Hernan acadaba un máis que merecido 8º posto, nunha regata dominada polos recentes campións mundiais, os cales lles sacarón 16′.
Xa na proba de k2, presentouse un elenco de embarcacións admirable, contando cos campións e subcampións mundiais, o k2 campión do Sella, e un novo k2 montado polos 2 mellores maratonianos do momento a nivel internacional, con todo esto o k2 pontes loitou con eles o que puido, e finalmente acadou unha 5º posición que lles sabe moi ben, entranto a 3′ dos vencedores, e tan só a 30″ dos terceiros e cuartos(actuais subcampións do mundo).
Por clubes acadaron a 32º posición.
grupo.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios