O AS PONTES CADETE DISPUTARÁ A FINAL DE COPA: CD AS PONTES – RÁPIDO DE NEDA (6-1)

75

O conxunto cadete do As Pontes clasificouse para a final de copa da delegación de Ferrol ó gañar por goleada no partido de volta xogado no campo principal do Poboado ó Rápido de Neda por 6-1. Na ida o Neda gañara no seu campo por 5-4.
O equipo que adestra Iván Rodríguez dominou claramente ó seu rival ó longo dos oitenta minutos de xogo e incluso o marcador puido ser máis amplo. Marcos ós catro minutos inauguraba o marcador e a falta de dous minutos para o descanso Gonza marca o segundo tanto logo dun saque de falta. Marcos puido lograr o terceiro, pero o seu potente disparo foise ó longueiro.
Na segunda parte seguiu o claro dominio dos ponteses, que lograron catro goles máis por mediación de Tini, en tres ocasións, e Diego. No derradeiro minuto de partido o Rápido de Neda logrou o tanto da honra a saque de falta.
Polo As Pontes xogaron Ángel, Capela, Guino, Marcos, Gonza, Álvaro, Tini, Pablo, Luis, Queco e Diego. Na segunda parte entraron Aldrey, Rooney, David, Jandro e Esteban. O As Pontes xogará a final contra a SD O Val.
cadetes_01.jpg


FASE DE ASCENSO Á LIGA GALEGA
En canto á fase de ascenso á Liga Galega, despois de superar na primeira eliminatoria ó Foz (0-0 no Poboado e 2-2 en Foz) o As Pontes enfrontarase na segunda e definitiva para lograr o ascenso de categoría ó Xuventude de Oroso, conxunto que eliminou ó Galicia de Caranza. O encontro de ida estaba programado para este sábado 11 no campo do Poboado, pero por mor do falecemento o pasado mércores do adestrador do equipo de Sigüeiro, o partido foi aprazado pola federación galega.
cadetes_01.jpg
cadetes_01.jpg
cadetes_01.jpg
cadetes_01.jpg
cadetes_01.jpg
cadetes_01.jpg
cadetes_01.jpg
cadetes_01.jpg
cadetes_01.jpg
cadetes_01.jpg
cadetes_01.jpg
cadetes_01.jpg
cadetes_01.jpg
cadetes_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios