Club de Montaña O Caxado – Ruta Costa de Trasancos

141

O domingo 19 o Club de Montaña O Caxado vai a facer a ultima das saidas programadas antes do periodo de descanso do veran, nesta ocasion sera un recorrido de 20 kms de dificultade media-baixa pola costa de Trasancos, entre Cabo Prior e Prioriño Chico. Este recorrido e parte dunha ruta de 40 kms que prepararon os nosos socios e compañeiros de Ferrol, Paco e Jose Manuel os que lles agradecemos a sua colaboracion.
A saida sera as 9 da maña do polideportivo para volver a media tarde, pois estase a buscar o lugar donde comer naquela zona. O prezo e demais detalles sera como sempre. Anotadevos antes do remate do venres 17.


Socios 5 € Non Socios 10 € (non inclue a comida)
Anotarse antes das 8 da tarde do Venres día 13 chamando ao número 654166777 ou no e-mail: jcaaveiro@yahoo.es
Nº prazas limitado, segun orden cronoloxica de chamada con preferencia os socios do Club de Montaña
Nota: O Club de Montaña O Caxado é unha entidade sen animo de lucro formada por afeccionados ó sendeirismo , montañismo, escalada, etc, que tratamos de facilitar a posibilidade participar a socios ou non socios. Por iso, o prezo que aparece no cartel é unicamente para sufragar os gastos de cada actividade, (Transporte, preparación da ruta, etc…). Así mesmo, como tales afeccionados, non nos vemos capaces de aceptar a responsabilidade de acompañar a persoas con problemas de saúde ou de idade avanzada, as cales aconsellamos dirixirse a asociacións que dispoñan de medios e persoal adecuado para cada caso.
Como participante, polo feito de inscribirme, acepto voluntariamente acatar as normas que os organizadores indiquen durante a actividade e declaro estar na condición física axeitada para completar a proba, eximindo de calquera responsabilidade á organización en calquera caso.

Consellos para Camiñantes
Imprescindible
Mochila. Botas de sendeirismo ou calzado robusto que protexa os nocellos e teña piso de goma con debuxo. Non esquezas nunca a capa ou poncho impermeable ou chuvasqueiro.
Calor
Pantalóns lixeiros curtos, longos ou desmontables. Camisola de algodón, forro polar fino/medio ou sudadeira. 
Lentes de sol, crema protectora solar e barra protectora labial. Gorra ou pucho.  
Auga.
Entretempo

Realiza unha combinación do aconsellado para calor ou frío segundo as condicións atmosféricas xerais e a túa sensibilidade respecto a elas.
Frío
Pantalóns longos, camisola térmica, forro polar, chaqueta cortaventos impermeable ou anorak. Braga de pescozo ou bufanda e luvas. 
Procura empregar prendas sintéticas de fibras térmicas ou equivalentes; son máis lixeiras, secan antes e conservan mellor a calor.
Aconsellable

Leva calcetíns e camiseta para mudar. Se estreas botas, leva outro calzado de reposto máis cómodo.
Se a túa mochila non é impermeable, garda nela todo dentro de bolsas de plástico.  
Axusta a mochila ben pegada ás costas e sitúa dentro o que máis pese xunto ao corpo e na parte superior, procurando evitar o efecto panca. 
Conta con auga abonda (1 l en inverno e 1,5 a 2 l no verán). Leva algo de froita e froitos secos ou barriñas enerxéticas.
É aconsellable levar un bastón que axuda a aliviar o esforzo nas pernas tanto nas subidas canto nas baixadas, así como un pequeno botequín ou cando menos unhas tiriñas para as bochas e rozaduras do calzado.
É importante ter unha condición física acorde co esforzo que se vai facer. Cada un debe saber ata onde pode chegar tendo en conta a súa preparación física, o seu estado de saúde e o seu equipamento.
Coida en todo momento a natureza que te rodea e respecta a vida rural e a propiedade privada, deixa as cancelas e peches como estaban e fai que os que van contigo tamén o cumpran.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios