Foliada da Lembranza

60

Organizada pola Asociación de veciños “Veiga da Areosa” do barrio da Casilla (As Pontes) e en colaboración cos grupos de música Tradicional das Pontes, o sábado día 18 de Xuño, terá lugar en dito barrio a 1ª Foliada da Lembranza co gallo do Solsticio de Verán (San Xoán), un pouco anticipado, se cadra, para que non coincida coa celebración que poidan programar outras asociacións da Vila.
O lugar elexido, será o auditorio exterior da Praza da Lembranza, a carón do lago da mina (o lago artificial mais grande de España), onde dita asociación, montará unha carpa por se o tempo non nos acompañara, e tamén un “chiringuito” onde a veciñanzas e tamén visitantes, poderán degustar algún alimento e tamén as sardiñas da época regadas con brevaxe espumoso e viño do pais que axudará a escorrentar as Meigas.

“Polo san Xoán, a sardiña pinga no pan”
“Na noite de san Xoán, bebe viño e come pan”

FOLIADA_LEMBRANZA.jpg


Os grupos farán a partir das 19:00 horas un pasarrúas polo barrio da Casilla para xuntarse todos ás 20:00 horas na Praza e interpretar entre todos unha peza, que podería ser o Antigüo Reino de Galicia. As 20:30 empezaríase coas actuacións no esceario, con duración de 20 minutos por grupo.
Os grupos participantes serán:
Alende
Alfaia
Cana Vella
Escola Municipal
No Cómbaro
O Gaiteiro Freixo
Os Feroces da Galgueira
Os Suplentes
Os Trevillas
Eles serán os responsables de poñer a xente a bailar a ritmo de xotas, muiñeiras e pasodobres. Esto supón, máis ou menos, unha duración de catro horas, co cal remataría á 01:00 aprox., a partir de aquí quedaría o esceario a dispor de todos/as músicos/as asistentes que o soliciten, seguindo coa fórmula dos 20 minutos de actuación para que a festa non pare e poidan tocar todos os interesados.
As 12 da noite farase unha queimada popular con conxuro incluido.
“A noite de San Xoán, o 24 de xuño, é hoxe unha das festas máis ricas en lendas, supersticións e costumes que acocha o noso folclore, a nosa cultura. Antes de ser cristianizada, era unha relixión popular na que os espíritus do mal actuaban na escuridade con obxectivos malévolos na percura dalgunha victima.”

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios