O VAL CONQUISTOU A COPA CADETE Ó GAÑAR NA FINAL Ó CD AS PONTES (3-1)

40

O Val logrou o título de copa ó vencer na final ó CD As Pontes por tres goles a un, en partido disputado no campo da Gándara ante uns 300 espectadores nas gradas. Ó descanso o resultado xa era favorable para os valexos por 1-0.
Os ponteses, moi cargados de partidos esta temporada participando en tres competicións (liga, copa e fase de ascenso), non tiveron o seu día e víronse superados por un Val, moi ben asentado no terreo de xogo, moi seguro en defensa, cun bo medio campo e uns atacantes que trouxeron en xaque á zaga pontesa.
final_copa_cadete_001.jpg


Adiantaríase o Val ós doce minutos de xogo por mediación de Marquitos. Logo tería outras dúas boas ocasións para marcar, mentres que no As Pontes tan só hai que salientar dúas oportunidades de Luís, un disparo que se foi alto e un balón que foi mansamente ás mans do porteiro.
Ós trinta segundos de iniciarse o segundo tempo Dani Bellas dribla a varios defensas e ante a saída de Ángel envía un tiro cruzado que se ía ó poste e con tan mala fortuna que Guino introdúceo na súa porta. Aquí practicamente acabouse a final, aínda que os ponteses intentárono todo, pero no minuto once reciben outro gol de Dani Bellas ó sacar unha falta ó borde da área que entrou polo escuadro, disparo ante o que nada puido facer o meta pontés.
Co partido xa resolto, ataques para unha e outra portería e ocasións claras para o Val que puido incrementar o marcador. Nun barullo na meta valexa, Álvaro logrou o tanto da honra do As Pontes.
Xogaron polo Val, Ángel, Javi, Dani, Manuel, Richi, Manu, Cristian, Iván, Dani Bellas, Marquitos e Nico. Na segunda parte entraron Samuel, Aarón, Fernando, Diego e Hugo. No As Pontes entraron inicialmente Ángel, Alberto, Guino, Marcos, Gonza, Álvaro, Tini, Pablo, Luis, Galego e Queco. Logo saíron Capela, Esteban, Dieguito, Jandro e Aldrey.
José Corral Franco foi o árbitro do encontro. Expulsou ó adestrador do As Pontes e amosou cartón amarelo a Dani Bellas e Marcos. Antes de iniciarse o partido gardouse un minuto de silencio polo recente falecemento do pai do porteiro do Val, Ángel.
Os As Pontes remata a temporada na derradeira eliminatoria da fase de ascenso á liga galega diante do Xuventude de Oroso, conxunto que na primeira rolda eliminou ó Galicia de Caranza. O encontro de ida dispútase este sábado no campo de deportes do Poboado a partir das seis da tarde (18,00).
final_copa_cadete_001.jpg
final_copa_cadete_001.jpg
final_copa_cadete_001.jpg
final_copa_cadete_001.jpg
final_copa_cadete_001.jpg
final_copa_cadete_001.jpg
final_copa_cadete_001.jpg
final_copa_cadete_001.jpg
final_copa_cadete_001.jpg
final_copa_cadete_001.jpg
final_copa_cadete_001.jpg
final_copa_cadete_001.jpg
final_copa_cadete_001.jpg
final_copa_cadete_001.jpg
final_copa_cadete_001.jpg
final_copa_cadete_001.jpg
final_copa_cadete_001.jpg
final_copa_cadete_001.jpg
final_copa_cadete_001.jpg
final_copa_cadete_001.jpg
final_copa_cadete_001.jpg
final_copa_cadete_001.jpg
final_copa_cadete_001.jpg
final_copa_cadete_001.jpg
final_copa_cadete_001.jpg
final_copa_cadete_001.jpg
final_copa_cadete_001.jpg
final_copa_cadete_001.jpg
final_copa_cadete_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios