GEMA BUITRÓN ACADA A MEDALLA DE BRONCE NO CAMPIONATO DE ESPAÑA Ó AIRE LIBRE DE CAMBRILLS

99

A arqueira pontesa Gema Buitrón Cortiñas disputou esta fin de semana o Campionato estatal disputado en terras catalanas, concretamente en Tarragona.
Nas roldas calificatorias sensacional estivo a naronesa Iria Grandal, que sumou 1290 puntos, 1278 obtivo Helena Fernández, dous máis que Gema, terceira con 1276.


As oito primeiras clasificadas quedaron exentas da rolda de dezaseisavos de final. En oitavos Gema enfrontouse con María García de Castela A Mancha á que venceu con comodidade, 6-0, en cuartos enfrontaronse as campionas de España dos dous últimos anos, Gema contra a balear Magali Foulón, que clasificou sexta na previa o que propiciou este enfrontamento, pero a pontesa venceu con comodidade, 6 a 0.
Xa nas semifinais Gema non puido coa súa compañeira de selección Helena Fernández coa que perdeu por 2-6, resarcíndose na loita polo bronce na que venceu a Adela Muñoz de Madrid por 6-2 repetindo o metal do ano pasado.
Na final disputada entre as dúas promesas da selección, a castelá leonesa Helena Fernández venceu nun disputado duelo á naronesa Iria Grandal por 6-5, con 9-8 no desempate, polo que Grandal tivo que conformarse outra vez coa medalla de prata como fixera o ano pasado ó caer no último duelo con Foulón.
Nova cortesía de Xosé Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios