O TRISKEL, DE ORTIGUEIRA, LOGROU A SEGUNDA EDICIÓN DO TORNEO DE FÚTBOL-7 DE ROUPAR

117

conxunto ortigueirés do Triskel gañou o torneo de fútbol-7 organizado pola Sociedade Deportiva Roupar e que se desenrolou ó longo da fin de semana nas instalacións deportivas club rouparés.
O Triskel chegou á final, onde se enfrontou a Construcións Seco, de As Pontes, equipo que lle gañara na fase de clasificación por 5-2, pero que nesta ocasión non tivo a mesma sorte, xa que os de Ortigueira, nun partido moi disputado, axiña se puxeron con vantaxe no marcador chegando a ir con tres goles de diferenza. Nos minutos finais os ponteses acurtaron diferenzas con dous goles e a piques estiveron de forzar a quenda dos penaltis.
Nesta segunda edición participaron dezaseis equipos de diversas localidades coruñesas e luguesas. En terceira posición clasificouse Barrilete, de Ferrol, sendo cuarto Ivi Panenka, de As Pontes. Presidiu a entrega de trofeos o alcalde de Xermade, Tomás Rodríguez.
roupar_torneo-f7_001.jpg


roupar_torneo-f7_001.jpg
roupar_torneo-f7_001.jpg
roupar_torneo-f7_001.jpg
roupar_torneo-f7_001.jpg
roupar_torneo-f7_001.jpg
roupar_torneo-f7_001.jpg
roupar_torneo-f7_001.jpg
roupar_torneo-f7_001.jpg
roupar_torneo-f7_001.jpg
roupar_torneo-f7_001.jpg
roupar_torneo-f7_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios