DESAFÍO FRAGAS DO EUME

94

Como asociación deportiva asentada dende fai xa moitos anos na nosa Vila , e con unha longa traxectoria de organización de probas deportivas, dende o Club Ciclista As Pontes – Vilalba queremos invitarvos a disfrutar da proba de ciclismo de carretera “XIV Clásica Vila de As Pontes – Desafío Fragas do Eume” o vindeiro domingo 3 de xullo.
Esta proba de carácter nacional e puntuable para a Copa de España de Medio Fondo, contará coa participación de preto de 200 ciclistas chegados de todolos puntos de España e incluso de Francia. A saída celebrarase o domingo 3 de xullo ás 09:00 horas dende a Avenida de A Coruña, para realizar despois un recorrido por estradas do entorno do Parque Natural Fragas do Eume, e tras recorrer 110kms finalizará no Alto do Caxado, ao que se chegará ascendendo por Avda. da Habana, embalse da Ribeira, Vilarnovo e Marraxón de Arriba, sendo a hora estimada de paso por estas estradas entre as 12:00 (primeiros participantes) e as 13:30 horas (últimos).
Gustarianos animar a tod@-l@s ponteses/as a que se achegaran a estas estradas a disfrutar do paso dos ciclistas e darlles os ánimos que sen dúbida necesitarán para completar unha proba de extrema dureza coma esta. Asimesmo, avisamos de que durante o sábado 2 e o domingo 3 de xullo nas calles Alexandre Bóveda e Avda da Coruña (zona do colexio Santa María) ubicarase unha feira de ciclismo con distintos stands de casas comerciais, unha zona de ocio (hinchables) para os mais pequenos, celebraranse concertos e será visitable toda a infraestructura necesaria para acoller esta proba.
Por todo esto, dende o CCAsPontes-Vilalba animamos aos veciñ@s de As Pontes a participar e disfrutar con nós do Desafío Fragas do Eume, e agradecemos de antemán o voso apoio.
Cartel-Desafio-2.jpg
Toda a información da proba na páxina web: http://www.ccvilalba-aspontes.com/

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios