GAIA Espectáculo de percusión danza e canto

87

Venres 1 de xullo ás 21:00h – Auditorio municipal cine Alovi
Coa idea de xuntar o máximo número de persoas interesadas en formar parte dun gran espectáculo de percusión sen importar o nivel ou a formación académica xurde Gaia
Gaia é a deusa que personifica a terra na mitoloxía grega. Tamén da nome a unha serie de teorías científicas que defenden que a terra “está viva”. Todo está controlado dun xeito autorregulado polos seres vivos que nela viven, participando todos no proceso cíclico da natureza.
Gaia ten catro partes adicadas a cada un dos catro elemenos da natureza
gaia.jpg


TERRA: Sólido como unha pedra, para canto, djembes , tamboriles, mangos de sacho e bombo a oito baquetas
AUGA: Afogados pola emoción, para Vibráfono frotado con arcos de Violín
AIRE: Brisa fresca da razón. Para Marimba e danza
LUME: As lapas da paixón. Para instrumentos latinos e cinco baterías.
Composición e dirección: Nacho Sanz
Danza: Jaime Pablo Díaz
Canto: Cantareiras de Alende
Músicos: alumnos e profesores do conservatorio e escolas municipais tradicinais e moderna
Organiza: Asociación de agrupacións musicais RUADA coa colaboración da Concellería de cultura -Omix

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios