ACTUACIÓN DE GEMA BUITRÓN NAS CALIFICATORIAS DO MUNDIAL DE TURÍN

65

Onte luns comezou o Campionato Mundial de Tiro con Arco na localidade italiana de Turín, competición na que ademáis das medallas se reparten prazas olímpicas, 12 por equipos e 16 individuais, anque aínda haberá algunha oportunidade máis de clasificarse a Londres 2012 o ano que vén.


Na proba na que máis esperanzas tiña depositadas a delegación española, non puido ser, nunha competicón por equipos de altos quilates tan so 16 dos 41 conxuntos se clasificaban á segunda fase, quedando España na 20ª posición, cos 3862 puntos sumados por Foulón, Buitrón e Hernández. Os dezaseis afortunados que pasan á seguinte rolda son 1º Corea do Sur, 2º China, 3º Italia, 4º India, 5º EEUU, 6º China Taipei, 7º Gran Bretaña, 8º Polonia, 9º Ucrania, 10º Rusia, 11º Xapón, 12º Dinamarca, 13º Francia, 14º Xeorxia, 15º México e 16º Alemaña. Estes 16 países loitarán por 12 prazas olímpicas, que serán trece de meterse as británicas polo medio.
Quedaron fora, 17º Corea do Norte, 18º Turquía, 19º Bielorrusia, 20º España, 21º Colombia, 22º Mongolia, 23º Kazakhstán, 24º Venezuela, 25º Exipto, 26º Indonesia, 27º Chile, 28º Bangladesh, 29º Suecia, 30º Tailandia, 31º Canadá, 32º Suiza, 33º Ecuador, 34º Rumania, 35º Estonia, 36º R.Checa, 37º Letonia, 38º Grecia, 39º Irán, 40º Lituania e 41º Marrocos.
Na proba individual dabanse cita 148 arqueiras das que as 104 primeiras calificaban á fase final. Sen embargo tan so as 16 oitavofinalistas lograrán billete a Londres nun torneo no que está presente a “creme da creme”. A balear Magali Foulón estivo moi ben e foi moi regular e a mellor das españolas acabando na 45ª posición con 1305 puntos. Gema tivo moitos altibaixos nas 144 tiradas pero acabou remontando para concluir na 60ª posición con 1285 puntos. A terceira española foi a recente e flamante campiona de España Helena Fernández, que concluiu 77º con 1272 puntos.
O xoves terán lugar as eliminatorias en individual onde as tres arqueiras españolas tentarán facer a machada e situarse entre as 16 mellores co obxectivo de conquerir pasaporte olímpico.
Nova cortesía de Xosé Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios