ÉXITO DA II XUNTANZA DE ANTIGOS VECIÑOS DE SAN SALVADOR DE ILLADE

153

Con asistencia de preto de douscentos antigos veciños dos distintos lugares e aldeas que formaban parte do desaparecido val de Illade, que tiñan como festa patronal o San Salvador, celebraron este pasado sábado a segunda xornada de confraternidade ó lado do campo de fútbol do Poboado. O día comezou cunha misa en memoria de tódolos falecidos do lugar na igrexa da Nosa Señora da Luz, do Poboado das Veigas. A maioría dos asistentes residen na propia vila de As Pontes, pero outros viñeron dende Ferrol, A Coruña, Vigo e incluso dende Logroño e Andalucía.
Logo, pouco a pouco foron achegándose os veciños ó lugar da festa. Nos rostros da gran maioría amosábase a ledicia de abrazar a antigos veciños que había xa uns anos que non se vían, pois todos tiveron que deixar a súa pequena terriña debido á explotación da mina de lignito. Hoxe aqueles lugares forman parte da historia e da nostalxia de todos. Tan só permanecen A Ferrería, O Cotelo e Alvarón.
Tamén houbo momentos para a lembranza e nalgúns houbo algunha que outra bágoa pola emoción de abrazar ós veciños e recordar ós seres queridos que se foron indo co paso dos anos, pero dos que queda o seu agarimo e o seu indeleble recordo.
A xornada, nun día espléndido de sol e calor, tiña que continuar cun merecido xantar a base de polbo á feira, carne ó caldeiro e torta de améndoa, todo acompañado dun bo viño do país e bebida refrescante. Non faltou tampouco a música a cargo do grupo tradicional Os Suplentes e o Dúo Tajú. Antes da cea os asistentes deixáronse retratar para a posterioridade. A xornada de convivencia rematou á media noite quedando todos emprazados para o vindeiro ano e non deixar pasar doce anos como sucedeu entre a primeira e a segunda festa.
SAN SALVADOR DE ILLADE


SAN SALVADOR DE ILLADE, UN POUCO DE HISTORIA
Por este nome era coñecida unha pequena bisbarra preto vila pontesa e que hai uns trinta anos quedou enterrada baixo a mina de lignito e hoxe polo lago artificial.
Era un bonito val regado polo río da Ponte da Pedra, que no seu primeiro tramo leva o nome de Mariñao e que dende Veiga está canalizado baixo terra. Tiña uns dez quilómetros cadrados de superficie e no ano 1970 contaba cunha poboación que se achegaba ós 400 habitantes, repartidos nas aldeas de Alvarón, O Cotelo, A Ferrería, Veiga, AS Casas de Abaixo, Seara, Illade, A Palloza de Illade, Castro da Uz, Os Alimpadoiros, Os Mouros, A Ponte da Pedra, A Barosa, A Palloza e Carracedo. As oito primeiras pertencían á parroquia de Santa María de As Pontes e as restantes á de Santa María da Vilavella.
SAN SALVADOR DE ILLADE
Igual que sucedeu noutras zonas do suroeste do concello pontés, o progreso fixo que todos estes lugares desapareceran por mor da explotación do lignito, agás as aldeas de Alvarón, O Cotelo e A Ferrería, situadas na parte norte do val e que están poboadas por unha ducia de habitantes. A xente deste val non tivo máis remedio que emigrar a outros lugares, principalmente á vila, e outros espalláronse pola comarca de FerroL.
Durante moitos anos a base da vida dos seus habitantes eran pequenas explotacións agrícolas; labor que algúns compartirían máis adiante co traballo na Calvo Sotelo, empresa que comezou a explotación do lignito a finais da década dos anos corenta.
Había unha grande convivencia entre todos, axudándose uns a outros nos labores agrícolas. As relacións sociais eran sinxelas pero dun gran contido humano. A matanza, e especialmente o día dos roxóns era cando se xuntaban os veciños, ademais do Entroido, o cal naquelas datas e por mor da ditadura non tiña a relevancia de hoxe. Tamén eran moi celebradas as fogueiras de San Xoán, rivalizando uns barrios con outros, haber cal era o que duraba máis.
SAN SALVADOR DE ILLADE
Outro dos acontecementos que os veciños agardaban con moita ilusión era a súa festa patronal de San Salvador, que se celebraba a finais de setembro xunto á capela que estaba situada no lugar de Illade, o centro xeográfico do val, aínda que nos derradeiros anos as verbenas tiñan lugar á beira do río, no herbal da señora Dulce, preto do cruce das estradas que ían a Ferrol e Cabanas. Eran unha das máis importantes do concello e hai referencias de que xa se celebraban no século XIX.
A súa sinxela capela estaba no propio lugar de Illade. O retablo era de estilo barroco, probablemente do século XVIII, moi logrado e incluso estaba dourado. Era un dos que había nas naves laterais da igrexa parroquial de Santa María (o outro está na capela da Nosa Señora do Rosario do Caneiro). Tiña unhas columnas tamén barrocas e un expositor moi destacado cunha cúpula de estilo plateresco. Hoxe descoñécese o seu destino, aínda que algúns sitúano nunha igrexa ou capela da Mariña luguesa.
SAN SALVADOR DE ILLADE
Antes da República, o coro serviu de escola dos rapaces do lugar e o seu interior era iluminado por unha bonita lámpada. Aínda que a principal advocación era a de San Salvador, tamén nas procesións saían as imaxes de Santa Lucía e San Antonio, así como unha pequena da Virxe dos Dolores, todas doadas por devotos do lugar.
A primeira xuntanza de confraternidade e lembranza celebrouse o 26 de xuño de 1999, cunha gran asistencia de antigos veciños desta bisbarra, na área recreativa do Caneiro, espazo natural onde está reconstruída a vella ponte medieval de Illlade (século XIII) feita no camiño real sobre o río da Ponte da Pedra preto da aldea da Palloza.
SAN SALVADOR DE ILLADE
Do mesmo xeito, tamén se reconstruíu a da Ponte da Pedra, que fora construída alá pola segunda metade do século pasado (1860), igual ca de Isabel II ó ser feita a estrada xeral de Lugo a Ferrol. Esta ponte, dun só oco, está situada no parque “Vila de Lesneven” enfronte da piscina climatizada. Dúas edificacións que lembrarán para sempre aquel pintoresco e verde val, que todos lembran con nostalxia e ó mesmo tempo con resignación polo perdido. Un tributo que alomenos serviu para algo, para o progreso desta comarca.
O inexorable tempo da vida fixo desaparecer xeracións e creando outras. Iso é lei de vida. Daqueles que se foron para sempre quédanos o seu recordo e o noso agradecemento por facernos ser o que somos, orgullosos veciños de San Salvador de Illade.
As Pontes, 2 de xullo de 2011 (AF)
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
SAN SALVADOR DE ILLADE
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios