ACTUACIÓN DE GEMA BUITRÓN NA FASE FINAL DO RECURVO FEMININO NO MUNDIAL DE TURÍN

98

Hai apenas uns minutos comezou a rolda final da competición de Recurvo feminino nos Campionatos do Mundo que estes días se están a celebrar na cidade italiana de Turín.
As 104 arqueiras participantes tiñan un obxectivo, superar tres roldas pra conseguir clasificarse entre as 16 primeiras e acudir ós Xogos Olímpicos de Londres 2012.


Precisamente Gema abriu a primeria rolda enfrontandose á medallista de bronce nos Xogos de Atenas 2004, a británica Alison Williamson, as súas compañeiras non tiveron moita sorte, Magali Foulón perdeu ante a norcoreana Un Ok Ri (2-6) e Helena Fernández perdeu no desempate ante a chilena Denisse Astrid Van Lamoen, (5-6), 6-9 na tirada de desempate.
Moi competido estivo tamén o envite entre Gema e a británica, que se resolveu a favor da pontesa no desempate , 6-5 (29-26, 24-29, 25-27, 27-27, 27-26 e 10-9 no dempate). Na seguinte rolda Gema defrontaba á xeorxiana Khatuna Narimanidze, 12ª clasificada na previa, coa que perdeu por 1-7 (25-26, 26-26, 25-26, 27-30).
As 32 arqueiras clasificadas pra dezaseisavos de final durmirán hoxe con un soño, achegarse ás medallas mundialistas e tentar alomenos superar unha rolda máis pra conseguir a clasificación matemática pra Londres 2012.
Por parte das tres xoves españolas moi boa actuación nun torneo ó máis alto nivel. Haberá que esperar máis oportunidades nos próximos meses pra poder clasificarse pra os Xogos Olímpicos.
* Por un erro publiquei que Iria Grandal acudiu como suplente da selección española ó Mundial, pero as únicas arqueiras presentes en Italia foron Gema, Magali e Helena.
Nova cortesía de Xosé Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios