Club de Montaña O Caxado – III Ruta de Sendeirismo polas Fragas da Ribeira e do Lostegal

162

O pasado Domingo dia 3 de Xullo o Club de Montaña O Caxado xuntou en As Pontes a 210 personas que xunto cunha vintena de socios do club participaron na III Ruta de Sendeirismo polas Fragas da Ribeira e do Lostegal. Esta proba de caracter non competitivo, organizada polo Club de Montaña O Caxado en colaboracion co concello das Pontes, chega a sua terceira edicion, medrando de ano en ano o numero de participantes. Nesta ocasion levamos a camiñar a perto de 240 personas chegadas de toda Galiza, de Santiago, Ferrol, Lugo, A Coruña, Burela, Rianxo, Vigo…etc. Temos que facer mencion especial o Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia de Vigo que desprazaron ata As Pontes a 38 personas que apoveitaron a ocasion para, o Sabado , facer unha ruta pola serra do Xistral onde estuveron acompañados por tres socios do Club de Montaña O Caxado e logo de pernoctar en As Pontes , o Domingo participaron na ruta da Ribeira.
Este ano a ruta dispoñia de dous percorridos, un corto de perto de 20 kms xa coñecido de anos anteriores e que nestes momentos esta a ser señalizado e preparado para convertilo na ruta homologada pola Federacion Galega de Montaña e Escalada, e que vaai levar o nome de PR G 147. A parte de este percorrido, o Club de Montaña O Caxado atendendo as peticions recibidas nas anteriores edicions, preparou unha ampliacion da ruta de uns 9,5 kms de dificultade mais alta que nos leva a camiñar polo Rego da Meda ata a confluencia co Eume e logo ali rio arriba pasando pola area recreativa do Caneiro ate chegar perto da ponte de Maciñeira, xa no Concello de Muras polo que camiñaremos un pequeno tramo para logo voltar o lugar do Caneiro e dende ali subindo pola Vacariza voltamos a enlazar ca ruta no alto da Carballeira, facendo asi uns 27 kms os que optaron polo percorrido largo, que non foron poucos.
As 8:30 comezabase a entregar os dorsais para as 9:15 sair dende o Polideportivo Municipal. A camiñada transcorreu sen ningun incidente digno de mencion, o que da conta do excelente comportamento e do bon espiritu ludico e deportivo dos participantes, pois dos 230 e pico solamente 4 non completaron a proba. Asi os primeiros en chegar a meta foron dous participantes que fixeron os 27 kms do percorrido longo correndo e invertiron 2horas e 52 minutos en completalo, despois deles foron chegando o resto de forma escalonada ate os ultimos que o fixeron en7 hora xustas.
Unha vez de volta no Polideportivo, a partir das 14:30 os participantes dispuxeron de bebidas para refrescar e dunha racion que consitia en pan e costilla preparados polo retaurante Ares de Roupar acompañado por empanadas e bolos preñados das panaderias de As Pontes e requeixo e mel da cooperativa da Capela, todo elo servido polos socios do Club de montaña, o que fixo que un bo numero de participantes nos aconpañara na sombra da cabeceira da Fraga ate ben entrada a tarde.
Mandamosvos algunha foto e sentimosmos non dispoñer ainda de ningunha imaxe en vivo xa que lamentablemente a television local non acudiu a tomar imaxes da proba, se cadra debido a ter que cubrir o resto de eventos que tuveron lugar esta fin de semana nas Pontes.
III Ruta de Sendeirismo polas Fragas da Ribeira e do Lostegal

Nova cortesía de Chucho

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios