VI Trofeo Federación-Xunta de Galicia de Tiro con Arco Aire Libre Cadete-Infantil-Alevín-Benxamín-Esquio

37

O pasado 9 de xullo celebrouse nas instalacións do Clube Silex en As Pontes o VI Trofeo Federación – Xunta de Galicia de tiro con Arco Aire Libre.
De todalas categorías convocadas so se poderon disputar tres, xa que o resto non chegou o mínimo de participantes esixido pola Federación Galega de Tiro con Arco.
Os 24 participantes iniciaron a competición as 16.30 h despois de que o Presidente da FGTA saudara os asistentes animandolos e desexandolles os millores resultados. A participación foi inferior a esperada segun comentou o propio presidente, Jorge Mato ante o Clube Silex, colaborador na organización e desarrollo do Trofeo.
silex.jpg


Os asistentes procedian principalmente de Ferrolterra, que ultimamente dominan a escena deportiva do tiro con arco nas categorías disputadas neste Trofeo. Tamén asistiron arqueiras e arqueiros de Lugo e A Coruña, botandose en falla os arqueiros de Vigo e Pontevedra.
A competición desarrollouse sin incidentes de mención. Os resultados finais non foron moi distintos dos previstos. Na categoria Recurvo Cadete Home gañou Miguel Albariño, do Clube Sílex, que continua coa sua preparación de cara o Campionato de España da sua categoria. Na categoria Recurvo Alevin home a victoria foi para Pablo Seoane de Arco Ferrol. Na terceira das categorias disputadas, Recurvo Infantil home, o gañador foi Brais Seoane de Arco Ferrol.
A nivel local podemos destacar a participación dos arqueiros del Sílex, Anton Blanco Bermudez que obtuvo a segunda praza na categoria Recurvo Alevín Home, e de Daniel Castro Barcala que obtuvo a terceira praza na categoria de Recurvo Infantil Home.
Na entrega de trofeos asisteu o Presidente da FGTA, Jorge Mato e o Concelleiro de Deportes de As Pontes, Carlos Castro Otero.
silex_1.jpg
silex_premios_001.jpg
silex_premios_001.jpg
silex_premios_001.jpg
silex_premios_001.jpg
silex_premios_001.jpg
silex_premios_001.jpg
silex_premios_001.jpg
silex_premios_001.jpg
silex_premios_001.jpg
silex_premios_001.jpg
silex_premios_001.jpg
silex_premios_001.jpg
silex_premios_001.jpg
silex_premios_001.jpg
silex_premios_001.jpg
silex_premios_001.jpg
silex_premios_001.jpg
silex_premios_001.jpg
silex_premios_001.jpg
silex_premios_001.jpg
silex_premios_001.jpg
silex_premios_001.jpg
silex_premios_001.jpg
silex_premios_001.jpg
silex_premios_001.jpg
silex_premios_001.jpg
silex_premios_001.jpg
Nova cortesía do Clube Silex
Fotos cortesía de Xosé Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios