Nota de prensa BNG: AS PONTES PAGARÁ MÁIS DE 112.000 € POR CATRO DEDICACIÓNS EXCLUSIVAS

65

Tamén contratará a unha persoa para funcións de confianza e asesoramento especial ao Alcalde por máis de 22.000 €.
As Pontes, 11 de xullo de 2011.- Hoxe estaba previsto o Pleno de organización do Concello das Pontes que foi aprazado; na súa orde do día figuraban dúas propostas do Alcalde.
Unha delas contempla a aprobación de 4 dedicacións exclusivas: para o Alcalde (39.018,46 €), para o Concelleiro de Facenda (32.894,87 €), para o de Servizos Sociais (26.897,09 €), e outra para o PP (13.448,54 €).
Tamén contempla a proposta unha dedicación exclusiva para o BNG, de dobre cuantía que a do PP, proposta que xa fora rexeitada polo grupo nacionalista ao entender que a prioridade das Pontes é outra: a política social e de emprego.
A outra proposta incluída na orde do día consiste na contratación, a dedo polo Alcalde, dunha persoa, cunha dedicación parcial de 32 horas e 1.613,43 € ao mes, para un posto de confianza e asesoramento, que todo indica que será para un ex-concelleiro do PSOE.
A cuantía total para o Concello será duns 175.000 € ao ano, dos que un 90% corresponderán ao PSOE, que conta cunha maior representación que na lexisltura anterior, na que non houbo nen salarios nen asesores contratados.
Para o BNG, a decisión do PSOE constitúe unha interpretación distorsiona e un mal uso da maioría absoluta coa que os veciños e as veciñas das Pontes apoiron a súa proposta, que, por certo, non facía referencia a tales asuntos.
Bloque Nacionalista Galego das Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios