Un sensacional Borja Prieto consigue dúas medallas de prata e gaña a contrareloxo no campionato de España

85

O deportista pontés Borja Prieto Valera, aparcou momentáneamente a súa preparación para o Mundial de finais de Agosto e clasificatorio pra os Xogos Olímpicos, e desprazouse esta fin de semana ó embalse de Verducido en Pontevedra para a disputa do Campionato de España.
borja_prieto.jpg


Catro probas afrontou Borja, os tres K4, 200, 500 e 1000 metros e o K1 200 metros. Moito mérito tiveron as súas dúas medallas posto que faltaban os seus dous habituais compañeiros, o ex campión mundial Jaime Acuña e o actual campión olímpico Saúl Craviotto.
Comezaba a súa participación o sábado coa proba do K4 1000 metros. Na semifinal, Borja, David Portela, Omar Calzón e Abraham Vega entraron co terceiro mellor tempo da súa serie, 3:19:88, dando un sensacional rendemento na final na que quedaron segundos (3:08:92) únicamente por detrás do Kayak Tudense de Iván Alonso, Diego Piña, Roberto Rodríguez e Rubén Millán (3:05:94). O bronce foi para o Oviedo dos irmáns Llera e os campión mundiais de maratón Bouzán-Fiuza (3:09:45).
Non tiveron a mesma fortuna no K4 500 e o Piraguamadrid de Borja, Portela, Calzón e Joan Daniel Oliver, foron quintos na súa semifinal (1:40:67), na que so clasificaban os tres primeiros, quedando séptimos na final B (1:42:18) ocupando a 16ª posición final nunha proba gañada polo Kayak Tudense.
Xa o domingo á mañá o Piraguamadrid volveu a estar sensacional e Borja, Omar Calzón, Juan Antonio Gil e o onubense Manuel Muñoz (doble subcampión do mundo junior en 1997 co pontés Daniel Feijóo) fixeron o mellor tempo das tres semifinais, 31:83, sendo so superados na final, outra vez, polo Kayak Tudense de Victor Rodríguez, Roberto Rodríguez, Joan Ardit e Rubén Millán (31:82), facendo o Piraguamadrid un tempo de 32:13, quedando terceiro o Aranjuez (32:57).
Na competición individual Borja fixo un gran 1º posto na contrareloxo individual do K1 200 cun tempo de 38:83, e nas semifinais do K1 200 metros fixo o segundo mellor tempo das tres series, Ekaitz Saies (36:13), Borja Prieto (36:98) e Paulino Otero (36:99). Mágoa que na final so puido ser quinto, primeiro, sensacional o vasco campión mundial de relevos Ekaitz Saies (35:84), segundo Paulino Otero do Ribadumia (35:91), terceiro o tamén campión mundial de relevos Pablo Andrés (35:94), cuarto Carlos Garrote (36:50) e quinto Borja (36:76).
A partir de agora o piragüista pontés afrontará cos seus compañeiros do K4 Llera, Germade e Peña a última fase de preparación e adestramentos de cara ó mundial que terá lugar na segunda quincena de Agosto en Hungría e no que se xogarán a súa presencia en Londres 2012.
Nova cortesía de Xosé Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios