O Pub Silver gañador do Maratón de Fútbol Sala Festas do Carme 2011, de As Pontes

162

O Pub Silver, de Ferrol, foi o vencedor do maratón de fútbol sala “Festas de As Pontes 2011”. O cadro ferrolán impúxose na final ó Mesón Ana, de As Pontes, por un claro 3-0. Ó descanso os campións xa gañaban por 2-0. Tódolos encontros disputáronse na pista do colexio Santa María.
Os dous equipos, que contaban nas súas filas con xogadores das máximas categorías do fútbol sala español, empregáronse a fondo na loita polo título nun encontro moi disputado e cun xogo un tanto brusco por parte dos xogadores dos dous equipos o que motivou que os árbitros tiveran que parar o partido en varias ocasións para calmar os ánimos un tanto exaltados dos xogadores.
En total participaron dezaseis equipos da comarca. En cuarta posición clasificouse o Mobles Eume de As Pontes mentres que o Disco-Pub Maradona foi terceiro. Javichu, do Mesón Ana, foi elixido mellor porteiro e Noé, do mesmo equipo, o mellor xogador do torneo. A entrega de trofeos ós gañadores estivo presidida polo concelleiro de Deportes do Concello de As Pontes, Carlos Castro.
maraton_festas_001.jpg


maraton_festas_001.jpg
maraton_festas_001.jpg
maraton_festas_001.jpg
maraton_festas_001.jpg
maraton_festas_001.jpg
maraton_festas_001.jpg
maraton_festas_001.jpg
maraton_festas_001.jpg
maraton_festas_001.jpg
maraton_festas_001.jpg
maraton_festas_001.jpg
maraton_festas_001.jpg
maraton_festas_001.jpg
maraton_festas_001.jpg
maraton_festas_001.jpg
maraton_festas_001.jpg
maraton_festas_001.jpg
maraton_festas_001.jpg
maraton_festas_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios