Club Xadrez As Pontes – XII Trofeo de Xadrez Festas do Carme

106

O Domingo dia 17 de Xullo e dentro das actividades deportivas realizadas con ocasion das Festas do Carme e da Fraga, o Club de Xadrez As Pontes organizaba un torneo de Xadrez que nesta data acadaba a sua decimosegunda edicion.
O torneo disputouse na modalidade de partidas semirrapidas de 25 minutos por xogador, e seguindo as normas do sistema suizo a 7 roldas. Comenzabase as 10 da maña ca formalizacion das inscricions e os ultimos detalles da organizacion para empezar a xogar as 10:30, ainda que logo a hora de comenzo retrasouse uns 30 minutos debido a fallos no equipo informatico e tamen a ter que aactualizar alista de inscritos, pois viñeron bastanes xogadores se avisar previamente. Asi e todo arredor das 11 da maña arrancaba a primeira rolda mais de 40 xogadores participando. Entre eles e formando a cabeza da lista, estaban os Maestros Internacionais (MI) Diego Guerra e Boris Zlotnik, que logo seguia con cinco Maestros FIDE (M), Jose Sande Edreira da Coruña, Oscar De Prado de Arteixo, Fernando Sanchez Aller de Santiago e Antonio Pazos Porta e Pablo Fernandez Borrego, ambolos dous de Ferrol. Por debaixo ainda se atopaba outra decena de xogadores co un rating FIDE superior os 2000 puntos ELO, o que da conta da dureza do torneo, e logo o resto dos xogadores ate acadar a cifra de 45 participantes, os que queremos agradecer a colaboracion para poder rematar o torneo sen ningun incidente, salvo algun loxico acaloramento nos apuros de tempo das ultimas roldas.
As 8 da tarde comenzaba a ultima rolda o remate da cal figuraban empatados na cabeza da clasificacion Jose Sande Edreira e Boris Zlotnik con 6 puntos, logo os sistemas de desmpate daban por gañador do torneo o coruñes Jose Sande Edreira, quedando en terceiro lugar Manuel Angel Abuin Boullon de Rianxo. Asi despois da entrega de premios por parte do Concellal de Deportes e Cultura, Carlos Castro, dabse por concluido o XII Torneo de Xadrez das Festas do Carme e da Fraga 2011.
So nos queda agradecerlles os participantes a sua asistencia e o seu exemplar comportamento, e o Concello das Pontes a colaboracion prestada. Vaia tamen o noso agradecemento a asociacion Grupo de Empresa ENDESA que nos permite o uso das suas instalacions e material tanto para este como para outros evento o longo do ano.
Torneo-Xadrez-2011_001.jpg


Torneo-Xadrez-2011_002.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios