A ATLETA PONTESA SUSANA CASTRO PENA, CUARTA NO CAMPIONATO GALEGO Ó AIRE LIBRE

49

Esta fin de semana celebraronse nas instalacións de A Malata (Ferrol) os Campionatos Galegos Absolutos ó aire libre.
A atleta pontesa Susana Castro disputou a proba de 800 metros na que foi 4ª por detrás da Campiona de España Leticia Fernández do Ourense Academia Postal, que doblou e tamén gañou o 1500. Iria Castro, do mesmo equipo, foi segunda e en terceira posición quedou Jenny Fernández do Val Miñor.
Moi boa actuación tivo o equipo de Susana nesta competición, o Ría de Ferrol-Concepción Arenal, na que ademáis competía en casa, posto que as súas compañeiras lograron facer triplete no 200 lisos, Casal, Caldas e C.Díaz, a propia Lidia Casal venceu nos 100 lisos, con outro bronce de Candela Díaz. Outros triunfos foron os de Esperanza Caldas en 400, Carmenza Delgado en Martelo, Raquel Suárez nos 3000 obstáculos e os relevos 4 por 100. Bronce para Lucía Ferreiro en Pértega. Belén Toimil, do Narón, gañou en peso.


Nova cortesía Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios