CENTOS DE PONTESES E VISITANTES RETRATARONSE COA COPA DO MUNDIAL DE SUDÁFRICA 2010 GAÑADA POR ESPAÑA

206

Organizado polo Concello de As Pontes, durante as xornadas do venres 22 e sábado23, a vila pontesa acolleu a Copa do Mundial de fútbol de Sudáfrica 2010. Varios miles de ponteses e visitantes de tódalas idades e sexo achegáronse ata o cine Alovi para retratarse coa copa, bicala, palpala, alzala ou abrazala. O goteo foi continuo os dous días en xornada de mañá e tarde.
Evaristo Puentes Leira, ex-árbitro de Primeira División e asistente internacional, membro da Federación Española de Fútbol foi o artífice de que a Copa do Mundo gañada pola Selección Española no Mundial de Sudáfrica estivera nas Pontes esta fin de semana. Durante os dous días aguantou estoicamente e retratouse con centos de persoas que querían ter un recordo indeleble dunha fazaña que tardou durante setenta anos en chegar e que moi poucos países logran.
Durante os dous días tamén houbo pases de danza a ritmo de “waka-waka”, a canción de Shakira neste primeiro mundial no continente africano, a cargo de nenas do grupo municipal de danza.
Copa do Mundial


HISTORIA DO TROFEO DA COPA MUNDIAL DE FÚTBOL
Dende o inicio da Copa Mundial de Fútbol no ano 1930, usáronse dous trofeos, os dous de ouro. O primeiro denominado “Trofeo Jules Rimet”, aínda que orixinariamente foi chamado “Trofeo Victoria”. Jules Rimet fora presidente da FIFA e un dos promotores do mundial de fútbol en 1929.
Este primeiro trofeo foi deseñado polo escultor francés Abel Lafleur. Era de prata esterlina e bañado en ouro. Medía 35 centímetros de alto e pesaba catro quilogramos. Era unha copa octogonal, sostida por unha figura alada representando a Niké, a deusa grega da vitoria.
O primeiro país en gañar este trofeo foi Uruguai no mundial celebrado nese país suramericano en 1930. En marzo de 1966, catro meses antes do Mundial de Inglaterra, o trofeo foi roubado do Salón Central de Westminster, pero foi atopado sete días despois por un can chamado Pickles envolto nun xornal nun xardín de Upper Norwood (Londres).
Como medida de seguridade, a FIFA fabricou en secreto unha réplica para usar en celebracións posteriores ata 1970. En 1997 foi vendida nunha poxa por 254.500 libras esterlinas.
Brasil logrou o terceiro mundial en 1970 adquirindo o dereito de conservar o trofeo real en propiedade, como dixera Jules Rimet en 1930. O trofeo foi roubado nunha exhibición da Confederación Brasileira de Fútbol. Nunca foi recuperado xa que os ladróns fundírona desaparecendo para sempre. Posteriormente foron xulgados e condenados.
En 1974, no Mundial de Alemaña, creouse a Copa Mundial da FIFA, que gañou precisamente a selección de Alemaña Federal. Foi deseñada polo italiano Silvio Gazzaniga. Mide 36,8 centímetros e está feito con 5 quilogramos de ouro macizo de 18 quilates cunha base de 13 centímetros de diámetro con dous aneis de malaquita. O trofeo pesa 6,175 quilogramos e representa a dúas figuras humanas sostendo o planeta Terra.
Na base ten a inscrición de “FIFA WORLD CUP” (Copa Mundial da FIFA). Os nomes dos países que gañaron cada torneo están gravados na parte inferior do trofeo e non son visibles cando está colocado verticalmente. Ata o pasado ano que España logrou o seu primeiro campionato mundial figuran os nomes de dez países dende 1974 e en 2038 poñerase o derradeiro nome.
A actual normativa da FIFA establece que o trofeo, a diferenza do anterior, non pode ser gañado definitivamente. Ademais, en contra da crenza xeneralizada, o país campión só recibe a copa orixinal durante a celebración no estadio logo da final, pero non o mantén durante os catro anos seguintes, se non que recibe unha réplica, un trofeo cun baño de ouro.
No ano 2006 Coca-Cola e FIFA fixeron o primeiro recorrido do trofeo polo mundo visitando 31 cidades e 28 países durante tres meses. Esta mesma xira realizouse no Mundial de Sudáfrica 2010 percorrendo 83 países. Durante este campionato varias réplicas foron roubadas, pero a FIFA asegura que o trofeo auténtico atópase en lugar seguro.
CAMPIÓNS DO MUNDO
Trofeo Jules Rimet
Uruguai (1930 e 1950), Italia (1934 e 1938), Alemaña Federal (1954), Brasil (1958, 1962 e 1970, o único país que o logrou en propiedade) e Inglaterra (1966).
Copa Mundial da FIFA (non se logra en propiedade segundo a normativa da FIFA)
Alemaña Federal (1974 e 1990), Arxentina (1978 e 1986), Italia (1982 e 2006), Brasil (1994 e 2002), Francia (1998) e España (2010).
Os vindeiros campionatos celebraranse en Brasil (2014), Rusia (2018) e Qatar (2022).
Fonte: FIFA
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Copa do Mundial
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios