CABREIROS CELEBROU A SANTA MARIÑA

110

Unha das parroquias máis importantes do concello de Xermade, Cabreiros, celebrou a primeiros de mes as súas festas patronais na honra a Santa Mariña, unha das de máis tradición en toda a comarca.
Os festexos comezaron o venres cunha verbena a cargo do grupo Ilusión. O sábado iniciouse con bombas de palenque e misa e posterior procesión e logo a sesión vermú coa orquestra Poceiro, de Pontevedra, que tamén estivo na verbena xunto a orquestra Ipanema, de León.
O domingo repetíronse os actos do sábado, con misa e procesión e música a cargo da orquestra Alianza.
cabreiros_01.jpg


UN POUCO SOBRE CABREIROS
Cabreiros ocupa un territorio duns vinte quilómetros cadrados e conta cunha poboación de 274 habitantes. Ten 21 aldeas e lugares, sendo os máis habitados O Chao, onde se atopa a igrexa parroquial, San Martiño, Leboré, A Touza, O Reguengo, O Empalme, Cabreiros e As Cernadas. Os outros lugares da parroquia son A Aloulada, A Amosa, A Carballosa, Caschao, A Fraga, Penachaíña, O Rego, O Revellón, O San Vitorio A Touza Vella, O Tumbadoiro e Vilacide.
Limita polo norte con Roupar, ó sur con Candamil e Xermade, ó leste con Lousada e ó oeste con Miraz e O Aparral, parroquia do concello das Pontes. O seu territorio ten unha altura media de catrocentos metros sobre o nivel do mar, aínda que hai cumes que superan os 500 metros, como o Monte Espiño (615 metros), O Coto do Reguengo (561 metros) e a Penachaíña (527 metros).
O río Trimaz, chamado aquí Rego de San Martiño, atravesa a parroquia de norte a sur. Polo norte discorre o río de Porto Souto.
A igrexa parroquial, de construción recente (1983), está no lugar do Chao, á beira da estrada de As Pontes a Vilalba. Hai interesantes cruceiros, case todos construídos a finais do século XIX e principios do XX. Destacan os do Revellón (1898), o do Rego (1909), no camiño de Cernadas ó Tumbadoiro, o de Cabreiros (1948), o de Leboré (1895), o de San Martiño (1906), o da Touza (1894), o do Empalme e o do Chao, situado á beira da igrexa parroquial, sendo o máis antigo da parroquia, pois a súa construción data de 1870.
Tamén hai numerosas medoñas e castros como o de Baxín e o de Vilacide.
cabreiros_01.jpg
cabreiros_01.jpg
cabreiros_01.jpg
cabreiros_01.jpg
cabreiros_01.jpg
cabreiros_01.jpg
cabreiros_01.jpg
cabreiros_01.jpg
cabreiros_01.jpg
cabreiros_01.jpg
cabreiros_01.jpg
cabreiros_01.jpg
cabreiros_01.jpg
cabreiros_01.jpg
cabreiros_01.jpg
cabreiros_01.jpg
cabreiros_01.jpg
cabreiros_01.jpg
cabreiros_01.jpg
cabreiros_01.jpg
cabreiros_01.jpg
cabreiros_01.jpg
cabreiros_01.jpg
cabreiros_01.jpg
cabreiros_01.jpg
cabreiros_01.jpg
cabreiros_01.jpg
cabreiros_01.jpg
cabreiros_01.jpg
cabreiros_01.jpg
cabreiros_01.jpg
cabreiros_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios