O DEPORTIVO ALZOUSE CO TROFEO VILA DE AS PONTES Ó GAÑAR Ó CD AS PONTES POR 0-3

29

Nunha das mellores entradas dos últimos quince anos no campo do Poboado, o Deportivo logrou a vixésima edición do trofeo Vila de As Pontes ó gañar ó conxunto local por tres goles a cero. Ó descanso os coruñeses gañaban por 0-1.
As gradas do campo do Poboado estaban repletas de espectadores e moitos tiveron que ver o partido apoiados nas varandas de delimitación das pistas de atletismo. Cerca de 1.800 espectadores, que gozaron dunha espléndida tarde de sol e de fútbol. Deixouse notar a presenza dun cento de Riazor Blues.
A pesar da superior categoría, o Deportivo tivo que traballar moito para lograr a vitoria neste amigable na disputa do trofeo da vila pontesa. Na primeira parte o As Pontes tratou de xogar de igual a igual e en certa maneira non lle saíu nada mal, xa que mantivo a súa porta a cero ata o minuto 39, no que o Deportivo logrou o seu primeiro tanto por mediación de Pablo Álvarez.
A segunda parte o xogo seguiu sendo o mesmo cun Deportivo que dominaba e un As Pontes que presionaba moi de cerca ós coruñeses para darlles pouco tempo para pensar. Sen embargo, a entrada dos teóricos titulares nos derradeiros vinte minutos da segunda parte o Deportivo dominou máis mentres que o As Pontes trataba de defenderse como podía. Neste segundo tempo chegarían os outros dous goles por mediación de Álex Bergantiños e Riki.
Nos prolegómenos do encontro realizouse a presentación oficial do plantel do CD As Pontes para a vindeira temporada, na que militará por segundo ano consecutivo na Terceira División. O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, e o presidente do Club, Xaime Castro, fixeron entrega de agasallos ó vicepresidente do Deportivo, Pachi Dopico, consistentes nunha metopa do escudo do concello, unha bolsa con produtos de As Pontes e o libro da historia do CD As Pontes, obra realizada por Antón e Xosé Antón Ferreiro.
trofeo_vila_aspontes_001.jpg


FICHA TÉCNICA:
CD AS PONTES: Simón, Moncho, Javi López, Kata, Rochela, Angeriz, Luís Coedo, Cañizares, Sergio, Chicho e David Amado. No segundo tempo entraron Moya, Iván, Chote, Dani, Fernando, Juan, Rubén, Borja, Esmorís, Hugo Soto e Carlos.
RC DEPORTIVO: Marc, Seoane, Rochela, Ínsua, Raúl, Bergantiños, Juan Carlos, Laure, Saúl, Salomao e Pablo Álvarez. Na segunda parte entraron Manuel Pablo, Calotto, Aythami, Ayoze, Rubén Pérez, Valerón, Guardado, Bruno e Riki.
ÁRBITRO: Del Río Amor, asistido de Blanco Rodríguez e Vázquez García, da delegación da Coruña.
GOLES: Minuto 39 (0-1), Pablo Álvarez. Minuto 57 (0-2), Bergantiños. Minuto 75 (0-3), Riki.
CAMPO: O Poboado, que rexistrou unha das mellores entradas dos últimos anos, con preto de 1.800 espectadores nas gradas.
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
trofeo_vila_aspontes_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios