TROFEO DAS FESTAS DE CEDEIRA. 10º TROFEO MARACANÁ. CEDEIRA S.D. 0 – C.D. AS PONTES 7

156

Victoria do As Pontes ante o conxunto locatario, que milita na Segunda Autonómica, por 0 goles a 7.
O primeiro tempo foi moito máis igualado do que reflicte o marcador final. Se ben os de Lemos tiveron boas ocasións nos pes de Amado e Hugo Soto en varios mans a mans co porteiro local, os cedeirenses chegaron nun par de ocasións con perigo á meta de Iván.
Sen embargo foi o talento do capitán vivariense Bossa o que decantou a balanza, en senllos lanzamentos a balón parado, o primeiro, tras lanzamento de penalti cometido sobre Amado (27´), e o segundo, de falta directa (36´).
No segundo tempo os cambios dun e doutro equipo desnivelaron a contenda e en apenas 20 minutos o As Pontes puxo terra de por medio con catro tantos. O xogador chegado do Racing de Ferrol Sergio Arias en tres ocasións e Chicho puxeron o marcador en 0-6, que ampliou nas postrimerías Luis Coedo, que minutos antes mandara un balón ó poste.
En definitiva, outro partido máis de preparación para á posta a punto do equipo pontés por parte do támdem Lemos-Mariño, de cara ó debut en Liga o día 28 na Estrada ante o Estradense.
Non se puideron desprazar ata Cedeira o delegado Suso, así como os xogadores Chote e Dani, polo triste falecemento do seu pai e avó respectivamente.
cedeira_001.jpg


Cedeira SD. Jesús, Richard, Cristóbal, Javier, Antonio, Cheda, Ángel, Cristian R, Daniel, Antonio, Esteban, Iago, Agustín, Carlos, Orjales, Carracelas, Cardamas, Adrián, Rubén, Alejandro, Cristian, Alberto, Héctor, Román, Jorge.
CD As Pontes. Iván Parapar, Moncho (Javi López 45´), Fernando, Iago, Angériz (Rochela 45´), Esmorís (Cata 45´), Iván González, Cañizares (Chicho 45´), Hugo Soto (Sergio Arias 45´), Bossa, David Amado (Luis Coedo 45´).
Goles: 0-1, Bossa (27´), de penalti, 0-2, Bossa (36´). 0-3, Sergio Arias (48´), 0-4, Chicho (55´), 0-5, Sergio Arias (58´), 0-6, Sergio Arias (65´), 0-7, Luis Coedo (87´).
Campo e Incidencias: Campo de O Beco, uns 200 espectadores en tarde soleada.
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
cedeira_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios